Venres 19 Abril 2024

Os incendios en Galicia van duplicarse para 2075

Os modelos climáticos para o futuro non traen boas novas. Os incendios en Galicia van duplicarse para 2075, como consecuencia da suba das temperaturas medias en 4 graos en verán e unha baixa das precipitacións do 25%. Cando menos, isto di o último estudo realizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
O impacto dos incendios forestais é cada vez maior na península Ibérica, e o cambio climático é en parte responsable diso. Para valorar como lles afectará o incremento das temperaturas, investigadores españois e portugueses cuantificaron as áreas que se queimarán de aquí a finais de século na Península. As simulacións dos modelos climáticos revelan que as zonas queimadas se multiplicarán por tres como consecuencia do quentamento.

Un helicóptero contraincendios en acción.
Un helicóptero contraincendios en acción.

Os incendios forestais levan décadas medrando. A pesar das medidas de control, a alerta é constante. Exemplo diso foron os incendios acontecidos en 2003 e 2005 en Portugal que rexistraron os valores máis altos de áreas queimadas dende 1980. En España, Galicia non se queda atrás. O 2006 caracterizouse por un alto número de incendios e zonas calcinadas provocados, en parte, pola actividade humana. A isto engádense os factores meteorolóxicos e o impacto cada vez maior do cambio climático.
Nun novo traballo, investigadores españois e portugueses compararon distintas metodoloxías para medir o efecto do aumento das temperaturas nos incendios forestais. O seu obxectivo foi cuantificar a área queimada futura a partir das simulacións de modelos climáticos en distintos escenarios de cambio climático para o século XXI.
“Traballamos directamente cun indicador da actividade dos incendios (a área queimada que provocan) e analizáronse distintas metodoloxías alternativas para estimar as tendencias futuras deste índice a partir das simulacións dos modelos climáticos”, declarou á axencia Sinc Joaquín Bedia, investigador no Instituto de Física de Cantabria, un centro da Universidade de Cantabria e do CSIC.

As precipitacións diminuirán en Galicia un 25% para o ano 2075

Os resultados, publicados en Agricultural and Forest Meteorology, mostran un escenario alarmante no que, antes do ano 2075, as áreas queimadas na Península chegarán a triplicarse respecto ás zonas que arden na actualidade. Nas rexións do norte, as proxeccións do impacto do cambio climático serán lixeiramente inferiores. Neste caso, as áreas arrasadas polo lume duplicaranse. Así será o caso de Galicia, segundo este informe.
O estudo permitiu desenvolver modelos capaces de predicir a área queimada a partir das condicións meteorolóxicas dominantes sobre diferentes rexións da Península, e extrapolar estas condicións sobre a base das proxeccións climáticas para o século XXI proporcionadas por diferentes modelos climáticos rexionais de diversos centros europeos.
Deste modo, en Galicia, por exemplo, os modelos proxectan un próximo aumento de 2 a 3º C durante os meses de xullo e agosto, o que implica unha maior frecuencia de días extremadamente cálidos nos próximos anos. Así mesmo, o número de días con precipitacións diminuirá un 25% neste período. O incremento será aínda maior de 2051 a 2075, xa que se prevé un aumento de 4º C durante os meses de verán, momento crítico para os incendios. O risco de incendio tamén aumenta por outros factores meteorolóxicos como as secas prolongadas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral