Xoves 28 Marzo 2024

Os cans súmanse á divulgación dos petróglifos de Campo Lameiro

Os afeccionados aos petróglifos que teñan cans están de noraboa. A empresa Perriturismo e o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) lanzan a actividade “Un día en Campo Lameiro”, unha ruta para que os donos poidan coñecer os petróglifos acompañados das súas mascotas.

Desde o 6 de maio e polo menos até outubro, a colaboración entre o PAAR e a empresa galega Perriturismo, pioneira en organizar propostas turísticas completas con can en España, permitirá aos donos de cans visitar o parque cunha actividade á súa medida. Os interesados terán oportunidade de compaxinar a historia e a cultura a través dos petróglifos do parque cunha ruta de sendeirismo de 5 km. Ao finalizar, haberá unha merenda de pícnic durante a que se dará unha charla sobre comportamento canino, sinais de calma e educación en positivo.

Publicidade

Perriturismo quere que os cans participen das propostas de tempo libre

Perriturismo naceu co obxectivo de crear plans turísticos únicos para facer con can, centrándose en actividades de natureza na Ribeira Sacra. Os seus plans turísticos tentan normalizar a presenza de cans en lugares ou plans pouco habituais, como rutas culturais. As rutas de románico e o enoturismo xa son habituais nos seus plans na Ribeira Sacra, e desde agora esta proposta en Campo Lameiro será un gran de area máis para conseguir que os cans formen parte das propostas de tempo libre dos seus donos.

Desde o PAAR precisaron que o custo desta actividade é de 18 euros -12, no caso de nenos-, así como precisaron que é necesario alcanzar unha cota mínima de dez presentes, sendo 15 o máximo. A entrada inclúe, ademais, un guía arqueolóxica e unha pequena merenda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...

Un estudo da UVigo atopa en Etiopía os restos de Homo erectus máis antigos do mundo

Sitúan por primeira vez a aparición destes homínidos e da tecnoloxía achelense hai dous millóns de anos

Así se conserva o ‘Titanic’ galego: “Parece que se afundiu onte”

O obxectivo da investigación Ría de Viveiro I é comprender como vivían as entidades poboacionais e a influencia do mar na súa evolución