Venres 29 Marzo 2024

O Seprona rescata unha egua atrapada nun aramado en Ponte Caldelas

O Seprona rescatou unha egua que estaba atrapada no aramado dun cercado nun monte do municipio pontevedrés de Ponte Caldelas. A egua estaba acompañada por un poldro de escasos días.

A Garda Civil informou de que o animal estaba “moi canso e a piques da deshidratación”, posiblemente polo esforzo que realizara para tentar liberarse.

Publicidade

Para liberar á egua, que se atopaba entre dúas rocas e cunha pata atrapada no arame, os axentes do Seprona cortaron o valo e posteriormente forneceron auga e alimentos ao animal.

En paralelo, alertaron ao concello de Ponte Caldelas do sucedido e están a realizar xestións para identificar o propietario do equino.

O cabalo galego de monte é un equino de pequena estatura. A alzada á cruz chega ata os 120 ou 140 centímetros. Pero ten unha longa historia, pois aparece retratado en petroglifos como os de Viladesuso, da idade de Bronce, ou na diadema de Ribadeo, na que están gravados cabalos montados xunto a crías e guerreiros, nunha peza datada do 2500 a.C. ao 2000 a.C.

Tamén chamado Cabalo de Pura Raza Galega (PRG), poni galego, cabalo do país ou faca galiciana, a finais do século XX atopábase en perigo de extinción. En 1999, o censo só chegaba aos 190 exemplares. Pero un programa de recuperación levou a contar máis de 1.500 exemplares no 2012.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os petróglifos que frearon o maior incendio de outubro de 2017, un modelo para o futuro

Un proxecto da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra abordará como a protección do patrimonio pode axudar a previr a propagación do lume

A Xunta sitúa 19 concellos en nivel máximo ou alto a partir do venres

Seis concellos ficarán coa hostalaría pechada e limitación de reunións a conviventes, e 13 estarán no nivel alto, con máis restricións có resto de Galicia

Unha tese atopa 40.000 termos para falar dos cabalos en galego

A investigación de Fernando Groba Bouza na UVigo recolle preto de 40.000 unidades denominativas sobre hipoloxía en galego

Un alemán vivía cun lobo en Ourense pensando que era un can

As probas de ADN realizadas pola Garda Civil determinaron que era un canis lupus signatus, que ademais ten tres cachorros