O documental ‘Mareas Vermellas’, dirixido por Manuel García Blanco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO), recibiu unha mención honorífica no Premio Prismas 2017 na categoría de audiovisuais sobre ciencia.
O audiovisual, producido por Bioimaxe, amosa a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos.