Sábado 20 Abril 2024

O lobo mariño Luceiro xa viaxa cara á liberdade

A cría de lobo mariño cincento rescatada fronte a Santo André de Teixido en decembro de 2016 xa iniciou o seu regreso ao mar logo dunha boa recuperación, primeiro, no centro da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma), en Nigrán, e, posteriormente, no Instituto Galego de Estudos de Acuicultura (Igafa), da Illa de Arousa.

Luceiro posa para os gráficos.
Luceiro posa para os gráficos.

Este exemplar de lobo mariño cincento embarcou ás nove e media da mañá no pesqueiro Ferreira Martínez, no Porto de Marín, con rumbo ao mar de Irlanda, onde será depositada. Previamente, o animal foi trasladado dende o Igafa, na Illa de Arousa -onde afrontou a última etapa da súa recuperación-, nunha unidade móbil da Cemma ata o porto de Marín.

Publicidade

Durante a singradura, Luceiro disporá de todo o necesario para chegar ao seu destino en óptimas condicións. Así, o pesqueiro conta cun depósito de auga salgada, que o animal poderá utilizar, e a comida suficiente para afrontar as horas da viaxe.

Luceiro, que toma o seu nome do barco que o rescatou na costa fronte a Santo André de Teixido, comeza, así, a volta ao seu hábitat natural despois dun proceso de recuperación repartido entre o centro veterinario co que conta a Cemma en Nigrán e o Igafa, na Illa de Arousa, ao que foi trasladado o día 9 de febreiro. Neste período de tempo, foi necesario tratar ao animal das feridas da cabeza e das aletas que presentaba cando foi recollido. Tamén se lle ensinou a comer e a pescar por si só, a coller destreza para entrar e saír da auga, gañar peso (ata os 33,5 kg actuais) e musculatura.

Cómpre lembrar que este exemplar foi rescatado o pasado 5 de decembro de 2016 tras quedar atrapado nos aparellos do barco. Tres meses meses despois volve ao mar xa totalmente recuperado e nas mellores condicións para reingresar no seu medio natural. En poucos días, Luceiro recobrará por completo a súa liberdade en augas do Gran Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven a Galicia e non se sabe o porqué: “Deberían chegar a finais do verán”

Os expertos detectan un cambio no comportamento destes cetáceos, que en primavera adoitan concentrarse no Estreito de Xibraltar
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

“As toxicidades atraídas polos ‘pellets’ son unha ameaza para os animais mariños”

Dende a Cemma apuntan que o máis preocupante é o risco de afección que sofren os mamíferos acuáticos
00:00:25

Un lobo mariño na Coruña: "A chegada dunha femia adulta ás costas é inusual"

A Cemma segue a ruta deste exemplar dende o 30 de decembro, cando foi avistada en Burela