Sábado 20 Abril 2024

O lince ibérico recupérase con forza e xa visita Galicia

O lince ibérico está a recuperarse con forza. No ano 2015, deixou de estar clasificado como ‘en perigo crítico de extinción’. E agora coñecemos o seu último censo, que revela un incremento do máis do 30 por cento en número de exemplares en liberdade. Ata 2014, a cifra estaba estancada nos 330 exemplares. O último catálogo suma 404.

lynx pardinus

O resultado é unha poboación máis espallada. Que mesmo chega ata Galicia. Así sucedeu o pasado mes de febreiro, cando un lince entrou nas serras de Ourense. Trátabase de Kentaro, un animal criado en catividade e que fora soltado en decembro de 2014 nos montes de Toledo. Equipado cun colar con GPS, os científicos observaron que, tras percorrer máis de 2.400 quilómetros, o exemplar entrou en Galicia dende as serras de Portugal.

Publicidade

Este tipo de linces son alcumados como ‘exploradores‘ e chegan a cubrir grandes distancias. Os expertos afirman que estas ‘excursións’ son boas para determinar lugares onde o lince ibérico pode ser reintroducido, algo complicado xa que precisa unha extensión de terreo de entre 15.000 e 20.000 hectáreas onde haxa unha gran abundancia de coello. Infraestruturas como as estradas e o poboamento disperso de Galicia non axudarían a recuperación desta especie.

O lince Kentaro percorreu 2.400 quilómetros e chegou a Ourense en febreiro 

As causas fundamentais da recuperación do lince ibérico son a cría en catividade e as soltas periódicas, que se están a facer con intensidade nos Montes de Toledo e, nomeadamente, na provincia andaluza de Xaén. No ano 2015 houbo menos atropelos (15) que na serie histórica. E medrou o número de femias reprodutoras, pasando de 103 a 120 nun só ano.

Ademais, a enfermidade hemorráxica do coello, que está a reducir a súa poboación en varias zonas da Península Ibérica fai que máis linces se aventuren a percorrer grandes distancias. E que sexa máis razoable que poidan chegar a Galicia, como foi no caso de Kentaro.

En Galicia, o lince ibérico non era a única especie que habitaba os seus montes tradicionalmente. De feito, recentes estudos sinalan que lince boreal (Lynx lynx) xa corría polas serras galegas ata data recente. Nalgúns lugares, este gran depredador, un xigante o dobre de grande que o seu ‘curmán’ ibérico, era coñecido como ‘lobo cerval‘ ou mesmo ‘O tigre’.

1 comentario

  1. Hace un año tuve el privilegio de ver uno en las zonas de Lugo y Ourense está especie está siendo extinguida gracias a los pobladores que los matan sin misericordia . Cos@ que ellos ignoran que sus nietos no podrán ver.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204