Xoves 25 Abril 2024

O CSIC sae ao rescate dun carballo único do monte Pindo

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu un protocolo para a conservación in vitro do carballo anano (Quercus lusitanica), especie emblemática que en Galicia atópase unicamente nas ladeiras do Monte Pindo (Carnota).

O traballo de investigación, cuxo fin último é contribuír a evitar a desaparición da especie en Galicia, desenvolveuno o Grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (Santiago de Compostela) e contou coa colaboración da Asociación Monte Pindo Parque Natural e de Emilio Carral, da Escola Politécnica de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Publicidade

Plantóns de carballo anano.
Plantóns de carballo anano.

“O Monte Pindo, xunto coa praia de Carnota, forma un espazo natural catalogado como de Importancia Comunitaria que se atopa incluído na Rede Natura 2000. A difícil accesibilidade do Monte Pindo gardou durante séculos un conxunto natural único pola súa flora, entre as que destaca o carballo anano. Con todo, nos últimos anos incrementáronse as agresións a este espazo natural, entre as que destacan os graves incendios acaecidos no verán do 2013, que calcinaron máis de 2.300 hectáreas das 4.428 da paraxe natural. A reducida presenza do carballo anano e a tremenda dano do seu hábitat fixo que se incluíse no Catálogo de Especies Ameazadas“, explican desde o CSIC Carmen San José e Elena Corredoira.

“A conservación ex situ dos recursos forestais cobra cada vez máis importancia para o mantemento da biodiversidade. Dentro dos métodos de conservación ex situ cabe destacar o papel, cada vez máis importante, da micropropagación“, indican.

“Neste contexto, a biotecnoloxía vexetal mediante as técnicas de cultivo in vitro ofrecen unha vía alternativa para a conservación do carballo anano. Esta técnica ten a vantaxe de que se necesitan partes moi pequenas da planta para iniciar os cultivos, non afectando así as poboacións naturais. Dentro dos métodos de propagación in vitro podemos destacar a proliferación de xemas axilares, que resulta altamente eficaz para a propagación das especies e garante a súa fidelidade xenética, permitindo clonar exemplares de árbores seleccionadas que poden ser posteriormente utilizados para a repoboación dos ecosistemas deteriorados”, destacan.

Os investigadores usaron pólas de árbores que se salvaron do lume no 2013

O estudo realizouse empregando ramas de árbores que sobreviviron ao incendio que arrasou a zona no verán do 2013 e cuxos brotes se empregaron nos laboratorios do IIAG para a iniciación dos cultivos in vitro.

“Os resultados revelan que as microplantas que obtivemos poden ser transferidas ao invernadoiro e de aí ao campo con porcentaxes de supervivencia superiores ao 70%”, destacan. Os detalles da técnica publícanse na revista Trees.

O Grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do CSIC foi fundado por Ana Mª Vieitez e na actualidade está dirixido por Mª del Carmen San José. Desenvolveu a súa actividade en Galicia desde hai máis de 30 anos, especializándose na propagación vexetativa de especies forestais mediante as técnicas de cultivo in vitro.

Ente os resultados que alcanzou destaca a propagación con éxito de exemplares de castiñeiros, carballos, faias, chopos, paulonias, olmos, amieiro, aciñeiras, sobreira e cerdeiras forestais. Na actualidade, desenvolve diversos proxectos de investigación financiados por entidades públicas, como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a obtención de alisos tolerantes/resistentes a Pyhytophthora alni, ou polo MINECO para a propagación de aciñeiras e alcornoques tolerantes/resistentes a P. cinnamomi.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte