O banco máis bonito do mundo está en Galicia. Concretamente, na na parroquia de Loiba, en Ortigueira. Situado sobre un balcón natural cunha impresionante vista ao océano e a unha longa ringleira de altos cantís, o banco de Loiba ten escrito a bolígrafo no seu respaldo: “O mellor banco do mundo“. Agora, tamén ten a súa mellor foto.
Porque unha imaxe deste banco está entre as elixidas na sexta edición do Earth and Sky Photo Contest on Dark Skies Importance (Twan), un concurso de prestixio que busca os ceos nocturnos máis belos do mundo. O premio naceu en 2008, e dende 2009 adquiriu unha dimensión global. O seu obxectivo é a preservación de ceo da noite como parte do noso patrimonio natural.
O fotógrafo galego Dani Caxete é o autor da imaxe que figura entre as seleccionadas este ano polo proxecto Twan, no que participaban fotos de 54 países. Foi tomada en agosto de 2014, ás 3.00 horas da madrugada. O concurso está aberto a calquera persoa de calquera idade, en calquera parte do mundo; tanto fotógrafos profesionais coma afeccionados. A toma do banco de Loiba recibiu unha mención especial.
Na fotografía de Dani Caxete obsérvase nitidamente a Vía Láctea e un ceo espectacular. O nome do miradoiro é O Coitelo e dende o seu banco se poden contemplar os castís de Loiba e a boca da ría cos cabos Ortegal e Estaca de Bares nos extremos.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK