Xoves 18 Abril 2024

Descobren novos petróglifos na zona do Viveiro, en Oia

A Asociación Costa dos Castros anunciou o descubrimento de novos petróglifos na zona do Viveiro, no municipio de Oia, que se suman aos xa descubertos con anterioridade. Este novo achado constata o elevado número de gravados rupestres que existen nesta área. Estes novos atópanse en fase de estudo e análise.

A intervención desenvolveuse durante catro semanas entre os meses de febreiro e marzo no terreo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedrones. Unha brigada da Xunta foi a encargada de acometer os traballos, desenvolvidos baixo a supervisión da arqueóloga Elisa Pereira.

Publicidade

A arqueóloga Elisa Pereira, na zona dos petróglifos. Foto: Costa dos Castros.
A arqueóloga Elisa Pereira, na zona dos petróglifos. Foto: Costa dos Castros.

Durante o estudo, Pereira aproveitou para estudar o estado dos diferentes petróglifos e puido comprobar como distintos factores van afectando a súa conservación, como a humidade pola densa vexetación que rodeaba a cubría algún deles, a acción do salitre que hai no ambiente, o desgaste provocado pola caída de rochas soltas, os liques e fungos que cobren a pedra, os lumes forestais ou as riadas dos últimos anos.

O Viveiro conta cunha grande cantidade de petróglifos de diversas temáticas e cronoloxías, dende o Calcolítico-Idade do Bronce, ata a época histórica. Os motivos que se poden atopar son moi variados: xeométricos, axedrezados, cruciformes, serpentiformes, antropomorfos e incluso escenas de monta. O gravado máis coñecido é o de Auga dos Cebros, que representa unha embarcación mediterránea do segundo milenio antes de Cristo e é o único en toda a fachada atlántica europea.

Durante a investigación, descubriuse ademáis unha das presas que se utilizaban para regadío, coñecidas como as presas de Chelo, nas inmediacións do río Vilar. Do conxunto de infraestructuras hidráulicas que daban servizo aos veciños de Riña e aos de Vilar, só se conserva esta.

1 comentario

  1. No pé da primeira foto debería dicer “Pedornes” e non “Pedrones”. O mesmo acontece cando se menciona á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de Pedornes, onde tamén aparece como Pedrones!
    Un saúdo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...

Un estudo da UVigo atopa en Etiopía os restos de Homo erectus máis antigos do mundo

Sitúan por primeira vez a aparición destes homínidos e da tecnoloxía achelense hai dous millóns de anos

Así se conserva o ‘Titanic’ galego: “Parece que se afundiu onte”

O obxectivo da investigación Ría de Viveiro I é comprender como vivían as entidades poboacionais e a influencia do mar na súa evolución