O lobo tiña sinais de disparos en varias partes do corpo. Imaxe: Adega.

O lobo tiña sinais de disparos en varias partes do corpo. Imaxe: Adega.

Denuncian a morte a tiros dun lobo nun monte de Barro

Un veciño atopou o cadáver do animal, con sinais de varios disparos con arma de fogo, nun monte da zona

Un home atopou esta semana o cadáver dun lobo nun monte situado entre as parroquias de Valiñas (Barro) e Romai (Portas) con sinais de disparos por arma de fogo. As imaxes do animal xeraron unha serie de reaccións na zona e a través das redes sociais das que se acabaron facendo eco varias entidades.

Desde a asociación ecoloxista Adega, nun comunicado conxunto coa Asociación para a Conservación e Estudo do Lobo Ibérico (Ascel), e o Grupo de Estudo dos Animales Salvaxes (Geas), denuncian os feitos e solicitan que se investigue a morte do animal. Suxiren que o acontecido ten relación “coa celebración do recente campionato de Pontevedra de caza de raposo“, polo que apuntan que “cabe determinar se existe unha relación circunstancial. Engaden que este tipo de campionatos “non contan coa vixilancia necesaria e resulta habitual ter que lamentar similares sucesos ilegais que quedan impunes”. Esixen, por tanto, “que se establezan as medidas necesarias para controlar con garantías estes campionatos”.

Non en tanto, desde a conta de Facebook (Doc Portas) desde onde se deu a coñecer  a morte do lobo, representantes da Sociedade de Caza de Portas manifestaron o seu rexeitamento aos feitos: “Condenamos enérxicamente este tipo de delitos medioambientais, e á espera de datos oficiais, pedimos que caia todo o peso da lei sobre o autor ou autores deste asasinato”.

Tal e como informa Praza Pública, os concellos de Barro e Portas atópanse na zona 3 do Plan de Xestión do Lobo, zonas nas que segundo a normativa “non se autorizarán controis salvo casos excepcionais que terán que estar especialmente xustificados”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.