Venres 29 Marzo 2024

Morre Koko, a gorila que aprendeu lingua de sinais

Faleceu a célebre gorila Koko aos 46 anos. Esta femia de gorila das chairas occidentais, que se fixo famosa por aprender ata mil palabras na forma simplificada da lingua de signos americana, morreu mentres durmía na reserva de California onde vivía. Nun comunicado, a Gorilla Foundation que coidaba dela anunciou o seu falecemento, que se produciu este xoves.

Koko naceu xa en catividade, en xullo de 1971, no zoo de San Francisco. Desde o seu nacemento, formou parte do proxecto de investigación da psicóloga animal Francine Patterson, que estudaba a comunicación nos primates. Foi estudada en centros científicos como Stanford. Segundo os seus coidadores, en poucos anos xa aprendera decenas de palabras, e as súas capacidades comunicativas foron medrando co tempo.

Publicidade

A capacidade de Koko para progresar coa linguaxe e a súa empatía “conmoveu a millóns de persoas”, sinala a fundación. Graváronse numerosos documentais sobre a súa figura, e chegou a aparecer dúas veces na portada de National Geographic, en 1978 e 1985. Na rede poden consultarse numerosos vídeos dela, nos que se ve a súa capacidade para desenvolverse na lingua de signos e mesmo aparece tocando o baixo con Flea, dos Red Hot Chili Peppers.

Alén da súa capacidade lingüística, os coidadores de Koko destacaban a súa proximidade e cariño polos humanos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:02:22

Así se comportan os animais cando ninguén os ve

A organización Rebinxe agochou cámaras nos montes galegos para retratar todo tipo de fauna e recompilar información para uso científico

Estudan diminuír o uso de antibióticos en animais a partir dun extracto de uva branca

O consorcio internacional coordinado pola profesora da USC Marta Lores desenvolveu en Porto a súa terceira asemblea xeral

Estes foron os primeiros animais da Terra

As medusas crearon a primeira liñaxe, séguenlle as esponxas e posteriormente, a diversificación de todos os animais

Galicia é a segunda comunidade con máis accidentes por animais

Ourense é a provincia con maior sinistralidade, que xunto coa Coruña e Burgos, son os territorios con máis risco de accidente