A avespiña do castiñeiro, orixinaria de China.

A avespiña do castiñeiro, orixinaria de China.

Medio Rural solta 130.000 parasitos para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Máis de 30.000 árbores son tratadas este ano con torymus sinensis, que ataca á avespa de orixe asiática

A Xunta rematará este mes os traballos de loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro correspondentes a este ano. En total, lévanse tratados uns 4200 pés desta especie a través da solta dun parasito (torymus sinensis) que impide aos insectos chegar á fase de multiplicación. Cada unha das vias con parasitos instálase nunha árbore, pero non beneficia só a ese exemplar senón a toda a contorna, polo que o número de pés tratados é maior.

Sumando todos os  puntos de solta, liberouse unha poboación de máis de 130.000 individuos do devandito parasito en toda Galicia. Ademais, este ano rexistrouse un importante incremento do número de individuos de torymus, concretamente o dobre da solta realizada o pasado ano, con 84.000 femias e 49.000 machos, distribuídos nas catro provincias galegas.

O parasito combate esta especie nociva de avespa de orixe asiática

Estas accións integran o programa de defensa desta árbore e como consecuencia tamén da produción de castaña. Dentro das medidas de loita biolóxica de sanidade forestal, inclúense os tratamentos contra o chancro do castiñeiro, un fungo que afecta estas árbores. Ao longo deste ano, Medio Rural anunciou que vai tratar uns 26.000 pés fronte esta outra doenza, co que xa serán arredor de 90.000 os tratados desde 2011.

Estes traballos supoñen un investimento total de preto de 680.000 euros no presente exercicio e desenvólvense nas catro provincias galegas, pero especialmente na de Ourense, na que existe unha maior afectación, xunto co sur de Lugo.

A conselleira Ángeles Vázquez destacou neste acto que Galicia é a principal comunidade española en produción e exportación de castañas, superando os 20 millóns de quilos anuais, que se traducen nun valor estimado xerado de máis de 100 millóns de euros. Por todo iso, sinalou, é preciso manter o esforzo na defensa e protección de toda esta riqueza.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.