Venres 29 Marzo 2024

O mazarico real, ave do ano 2017 en Galicia

Na actualidade, o mazarico real é unha das especies máis vulnerables da avifauna galega. Estímase que só existen entre tres e cinco parellas reprodutoras en Galicia, a única rexión da península Ibérica onde aniña esta ave. Ante esta situación, a última edición do Congreso Galego de Ornitoloxía, celebrado en novembro do pasado ano en Pontevedra, decidiu declarar ao mazarico real como a ave do ano 2017 en Galicia para promover o coñecemento e a defensa da especie.

O mazarico real (Numenius arquata) é unha das aves limícolas de maior tamaño e destaca polo seu longuísimo pico curvo. O adulto reprodutor presenta as plumas das partes superiores; o peito, o pescozo e a parte superior son de cor crema (con marcadas estrías escuras que se transforman en galóns nos flancos) e as patas azuis. O principal atributo que distingue a ambos os sexos radica no pico, que resulta máis longo no caso da femia.

Publicidade

Galicia é a única rexión ibérica onde nidifica esta ave

En Galicia, o mazarico real adoita aniñar na Terra Chá entre marzo e xullo, e tamén pode verse durante o inverno nas rías galegas debido á presenza de exemplares procedentes do norte de Europa. Con todo, a diminución da súa poboación provocou que fora incluída nos catálogos galego e español de especies ameazadas. Os principais perigos son a destrución e alteración do seu hábitat, que adoita estar en áreas de matos, tales como breixos e uceiras. As repoboacións forestais de piñeiro e eucalipto reduciron a superficie de mato, que tamén se viu afectada pola transformación de prados de sega en cultivos.

O seu hábitat está nunha zona adxacente ao aeródromo de Rozas, polo que o desenvolvemento da base de drones neste lugar podería influír na súa conservación. Por isto, segundo sinalan desde a Sociedade Galega de Ornitoloxía, é “imprescindible” que se manteña a conservación destes espazos de nidificación.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.