Luís, despois de ser rescatado o pasado sábado. Imaxe: Protección Civil Muxía.

Luís, despois de ser rescatado o pasado sábado. Imaxe: Protección Civil Muxía.

Luís, o novo lobo mariño rescatado pola Cemma en Muxía

A Cemma e Protección Civil colaboraron na tarde do sábado na recuperación dun exemplar que apareceu no porto da vila

Luís xa se recupera nas instalacións da Rede de Varamentos de Galicia en Nigrán, despois de ser rescatado o sábado á noite no porto de Muxía. O lobo mariño macho, duns 28kg de peso, foi localizado por un particular ás 19 horas, e deu aviso a Protección Civil da localidade. Unha vez rescatado, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) fíxose cargo do animal e trasladouno ata o seu lugar de recuperación.

“Está en aparente bo estado”, sinala Alfredo López, da Cemma. “Estamos pendentes das análises veterinarias pero parece non ter problemas serios. Iso si, hai que ter ollo porque ás veces poden ter problemas graves pero, en cambio, aparentan bo estado e resulta difícil valoralos a simple vista”

Quedan tamén por determinar as causas de que Luís chegase ata a costa. Crese que ten entre catro e cinco meses. Nun primeiro momento, foi bautizado como Luísa, pero ao ver que era macho, cambióuselle o nome.

Preto de 50 varamentos

Desde decembro, a Cemma participou no rescate de preto de 50 animais que apareceron varados nas costas galegas. A maioría deles, golfiños comúns xa falecidos. Só catro deles foron rescatados vivos, e destes, os únicos sobrevivintes foron, ata o momento, Luís e Guardesiña, a foca rescatada na Guarda en xaneiro.

Guardesiña, con Luís

Precisamente Guardesiña continúa a súa recuperación na UCI de Nigrán, un mes despois do seu rescate. “Vai mellorando; e os problemas que tiña foron solucionándose. Pero colleu semanas de frío que están ralentizando a recuperación”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.