Martes 16 Abril 2024

Investigadores do Campus Terra avalían unha infección que afecta ao kiwi en Galicia

A follaxe amoreada durante os meses de outono e inverno nos solos das plantacións de kiwi constitúen un reservorio para aP.syringae pv. actinidiae., causante do chancro bacteriano do Kiwi, segundo conclúe a investigación de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC a licenciada en Bioloxía betanceira Aitana Ares Yebra baixo o título ‘Detección,identificación e caracterización de Pseudomonas syringae pv. actinidiae en Actinidia spp. en Galicia’.

Aitana Ares Yebra.
Aitana Ares Yebra.

Ares Yebra aborda na súa tese de doutoramento, dirixida por Pedro Mansilla,  director da EstaciónFitopatológica de O Areeiro; María Jesús Sainz Osés, profesora do Departamento de Produción Vexetal da USC na Escola Politécnica Superior, e Olga Aguín Casal, da sección de bioloxía molecular da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, unha radiografía respecto da incidencia, xeneralización e casuísticas do chancro bacteriano do kiwi nas plantacións existentes en Galicia.

Publicidade

O chancro bacteriano do kiwi, causado por  Pseudomonas syringae pv.  actinidiae (Psa), é a enfermidade que ocasiona maiores perdas económicas no cultivo das principais  especies produtoras de kiwi,  Actinidia deliciosa A. chinensis, no mundo. Daquela, ante esta alta incidencia desta patoloxía na  produción de kiwi, Aitana Ares abordou no marco da súa investigación de doutoramento, inspeccións de material vexetal sintomático en plantacións de kiwi localizadas nas catro provincias galegas en 2011 y 2012. O obxecto destas pescudas non era outro que o de coñecer a extensión da enfermidade e as características das poboacións de Psa.

Este traballo de campo realizado por Ares Yebra posibilitou achar illados de Psa virulentos na provincia de Pontevedra, onde se comprobou que afectaban a plantas de  A. deliciosa‘Hayward’ e ‘Summer’ e  A. chinensis ‘Jintao’ e ‘Belén’. Detectouse asemade pro vez primeira en España unha poboación de Psa de baixa virulencia nunha plantación da Coruña. A avaliación de técnicas de detección en savia mostrou ademais que o diagnóstico de Psa en extractos de líquido de xilema pode constituír unha ferramenta eficaz para a detección da bacteria causante desta enfermidade en plantas asintomáticas.

Tribunal de tese e cualificación

O catedrático do Departamento de Microbioloxía  e Parasitoloxía da USC Manuel Luis Lemos Ramos presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Aitana Ares Yebra. Mª Carmen Salinero Corral, adxunta ao xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, e o profesor titular do Departamento de Fisioloxía Vexetal da UDC Federico Pomar Barbeito, completaron a relación de membros do tribunal, que cualificou esta tese con sobresaínte cum laude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura