Mércores 24 Abril 2024

O 24% dos ríos galegos teñen as súas ribeiras “moi degradadas”

O informe anual sobre a situación dos ríos galegos que elabora ADEGA a través da súa iniciativa Proxecto Ríos revela un empeoramento da situación das masas de árbores nas ribeiras en moitos ríos do país, especialmente nos tramos urbanos dos mesmos. Un 24 por cento dos bosques de ribeira presenta unha situación “moi degradada” en 2017, unha porcentaxe que aumentou en tres puntos respecto ao ano anterior e que case duplicouse fronte á porcentaxe que existía no ano 2012 (13%).

Ademais, a porcentaxe de ribeiras que presentan un bo estado de conservación non supera o 45%. Un dos factores que favorecen a degradación destas áreas é a presenza cada vez maior de especies exóticas e invasoras nos nosos ríos, segundo indicou Paco Bañobre, coordinador do Proxecto Ríos, durante a presentación do informe.

Publicidade

Os treitos estudados coas dúas marxes moi degradadas correspóndense cos ríos Gafos, Gallo, Lagar, Lagares, Lonia, Miño, Rabaceiras e Sarela. Destaca especialmente a degradación atopada no Sarela ao seu paso por Santiago, no Miño en Ourense, no Gafos en Pontevedra, no Lagares en Vigo e no Lagar na Coruña.

A porcentaxe de ribeiras cun bo estado de conservación non chega ao 45%

“Habería que empezar a tomar medidas para corrixir esta situación”, indicou Bañobre, quen apuntou a necesidade de que haxa unha maior vixilancia nas ribeiras dos ríos para prever a aparición das especies invasoras. “A recuperación dos bosques de ribeira é un dos grandes retos que a ecoloxía fluvial ten por diante nos próximos anos, con obxectivo de manter os recursos hídricos nun bo estado de calidade para o seu consumo, tanto polos seres humanos como polo resto de organismos vivos”, sinalou Bañobre.

Porén, o coordinador do proxecto referiuse tamén a dificultade de tomar medidas correctoras xa que en moitos lugares non se fixo o deslinde do dominio público hidrolóxico é a propiedade privada chega ata a mesma ribeira dos ríos, co que e máis complicado levar a cabo accións para minimizar a degradación do bosque de ribeira.

O informe foi elaborado con datos facilitados por grupos de voluntarios que realizaron durante o ano pasado un total de 158 inspeccións que afectaron a 80 quilómetros de ríos que discorren polas catro provincias galegas. A Coruña y Pontevedra son as provincias que teñan máis grupo que saen a analizar os ríos e toman datos dúas veces ao ano (primavera e outono) co fin de elaborar o informe final.

A calidade bióloxica dos ríos é boa pero con algunhas excepcións

Ademais da situación das masas arbóreas o informe analiza a calidade hidromorfóloxica, a calidade físicoquímica e a calidade biolóxica dos ríos. Nestes apartados a situación e moito mellor que o que se detecta nas masas arbóreas das ribeiras, aínda que tamén hai puntos negros, especialmente nas áreas urbanas que atravesan os ríos.

As concentración de nitratos (orixinada por puríns, fertilizantes e augas residuais urbanas) presentou valores normais no 94% das medicións realizadas pero houbo concentración de ata 20 miligramos por litro (catro veces superiores ás normais) en tramos dos ríos Lagares (Vigo), Sarela (Santiago), Lagar (A Coruña), Verduxo (Pontecaldelas), e Valiñadares (Mondoñedo). No caso do río Lagares e do Lagar, a elevada concentración de nitratos deuse tanto na primavera como no outono.

No que se refire á medición do pH da auga, a maioría dos ríos atópase nuns niveis axeitados, entre o 6 e o 8, pero en 2017 detectouse un pH de 5, máis preocupante, no río Valga e no río Pego (Brión).

A presenza de macroinvertebrados é un bo indicador da calidade biolóxica das augas. Dos 158 treitos de río analizados a maioría deles (78% en primavera e 65% en outono) presentaron una saúde boa ou moi boa. Os valores son moi parecidos aos do ano 2014 aínda que houbo un descenso dos ríos con calidade moi boa.

Os efectos do cambio climático comezan a notarse na temperatura dos ríos

Os treitos con calidade deficiente neste terreo nalgún momento do ano atópanse no río Mero (Cambre), Baa (Fene), Limia (Xinzo), Lonia (Ourense), Lagares (Vigo), Gafos (Pontevedra), Ulla (Touro), Veiga (Guitiriz) e o Xaralleira (Bergondo).

Os efectos do cambio climático tamén comezan a notarse na temperatura dos ríos galegos. A maioría dos treitos presentan unha temperatura que oscila entre os 12 e os 15 graos pero como xa ocorreu coa vaga de calor de 2015 houbo momento nos que se alcanzaron temperaturas de 21 ou 22 graos. Así ocorreu no río Sil ao paso polo Barco de Valdeorras ou no Limia ao paso por Xinzo.

Os resultados do estado de saúde dos ríos nas bacías máis estudadas (Rías Baixas, Miño-Sil e Arco Ártabro) son moi parecidos aos do ano 2014. As porcentaxes de treitos con moi boa saúde apenas se moven en relación ao período 2014-16 e apréciase un lixeiro descenso nas marxes con calidade boa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

O mapa que revela o territorio galego incompatible coa implantación eólica

Para a elaboración do informe a ONG SEO/BirdLife tivo en conta as figuras de protección e as zonas de alto valor ecolóxico

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro