Saúl de la Peña, Augusto Pérez Alberti e Xosé Luis Prieto. Foto: USC.

Saúl de la Peña, Augusto Pérez Alberti e Xosé Luis Prieto. Foto: USC.

Impacto mundial do estudo da USC sobre os excrementos das aves mariñas

A investigación de Xosé Luis Otero, Augusto Pérez Alberti e Saúl de la Peña foi destacada en Science despois de ser publicada en Nature

“Estásenos indo das mans, isto pasa unha vez na vida”. recoñecen, contentos, Xosé Luis Otero e Augusto Pérez Alberti, dous dos asinantes, xunto a Saúl de la Peña, do artigo publicado por Nature Communications sobre o impacto dos excrementos das aves mariñas no ciclo do fósforo e o nitróxeno. Ata Science, a outra gran revista científica a nivel internacional, fixo unha reseña sobre a investigación. “Algo pouco habitual”, segundo sinala Otero.

O estudo pode contribuír a abordar dun xeito máis integral o cambio climático

“Xa nos chamaron de Alemania, de Uruguai, de Estados Unidos, moitos medios de comunicación…”, di Xosé Luis Otero, profesor de Edafoloxía e Química Agrícola da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo. “Está espertando moita curiosidade”.

A importancia do traballo, segundo explica o profesor, radica na cuantificación dos excrementos de todas as aves mariñas do mundo cada ano en canto ao seu contido en nitróxeno (510.000 toneladas) e fósforo (99.000). “Son os dous elementos máis importantes dos que depende a produtividade dos ecosistemas“.

Coñecer estes datos poderá sentar as bases para abordar dun xeito máis integral a loita contra o cambio climático, obtendo unha visión máis ampla do ciclo do nitróxeno e do fósforo e as súas interaccións cos diferentes elementos e medios que coexisten no planeta.

“Feita aos poucos”

O estudo explica Otero, foi “feito aos poucos, como pasa tantas veces”. O traballo de campo desenvolveuse no Parque Nacional das Illas Atlánticas, onde obtiveron os primeiros datos de relevancia para continuar despois co estudo a escala mundial.

Unha vez obtida a primeira versión, intercambiárona con compañeiros estadounidenses, antes de enviala para revisión a Nature. Foron estes colegas os que lle propuxeron acuñar o termo “ornitoeutrofización“, para evidenciar o impacto das aves mariñas neste aporte de nutrientes.

Tamén podes ler:

Un estudo da USC demostra o impacto das aves mariñas no ciclo do nitróxeno e o fósforo

 

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.