Bosque de eucaliptos, que o Comité Científico de Flora e Fauna Estatal recomenda declarar invasor.

Bosque de eucaliptos, que o Comité Científico de Flora e Fauna Estatal recomenda declarar invasor.

Piden á UE declarar o eucalipto como especie exótica invasora

Científicos de varios países publican un estudo para pedir que se amplíe antes do 2020 a listaxe das especies que ameazan a biodiversidade

Aínda que non o pareza, o eucalipto común (Eucalyptus globulus) está considerada como especie exótica invasora, segundo o Plan Estratéxico Galego de Xestión das Especies Exóticas Invasoras da Xunta. Non en tanto, aínda non está incluída no regulamento comunitario sobre este tema (1143/2014).

Agora, un estudo publicado no Journal of Applied Ecology, no que participaron investigadores de varios países, entre eles científicos españois, pídelle á UE que amplíe antes de 2020 a actual lista europea de especies exóticas invasoras. Hoxe en día, este catálogo só recoñece, a nivel europeo, 49 categorías. O traballo mencionado solicita que a esta clasificación se engadan 207 novas especies.

Entre elas están o eucalipto común (globulus) e o visón americano, dúas especies cun alto impacto en Galicia. Das 12.000 especies exóticas presentes en Europa, entre o 10 e o 15% son consideradas invasoras. Das 1.323 analizadas, os expertos consideran que unhas 900 cumpren os criterios para incorporarse ao listado comunitario, e 207 son de inclusión prioritaria.

A maioría destas especies exóticas son inofensivas, xa que non chegan a establecerse nin prosperar no novo hábitat. Non en tanto, hai unha minoría que, debido á súa voracidade, causa graves danos á economía e o medio ambiente, custándolle á UE un mínimo de 12.500 millóns de euros anuais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.