Xoves 18 Abril 2024

O proxecto divulGATE analiza na Uvigo as especies invasoras

O próximo 19 de abril comezan as III Xornadas de Especies Invasoras xunto ao cuarto Proxecto DivulGATE: “a falar apréndese falando” no CUVI. As 09:30 comeza a recepción dos asistentes e as 10:05 horas a primeira das charlas, impartida polo doutor José María Sánchez. O acceso é gratuito e está aberto a todo o público.

A facultade de bioloxía da Universidade de Vigo acollerá actividades relacionadas coa temática das especies exóticas invasoras como concepto principal, e das que hai pola zona, a maiores dunha  visión dos estudos que se fan do tema nun entorno moito máis próximo do que poida parecer. O obxectivo e “dar a coñecer as especies invasoras, a importancia que teñen, que se pode, ou non, facer para erradicarlas… tocar todos os puntos”, como explica o portavoz da delegación de alumnos, Adrián Blanco García.

Publicidade

As actividades transcurrirán durante todo o día e incluirán unha saída polo campus para rematar, ás 17:30 horas, no que se poderán observar algunhas das especies tratadas. Por último, os asistentes teñen a posibilidade de  optar a unha saída teórico-práctica que se levará a cabo nas Illas Cíes a primeira fin de semana de xuño, con 28 prazas dispoñibles, formalizando a inscrición nas propias xornadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto da UVigo sérvese da IA para mellorar a detección de cancro colorrectal

A rede AI4PolypNet está formada por oito grupos de investigación de Galicia, Estremadura, País Vasco e Cataluña

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada