Patacas afectadas pola couza guatemalteca.
Patacas afectadas pola couza guatemalteca.

Detectada en Galicia a praga da couza de Guatemala que ataca á pataca

A globalización segue a espallar polo mundo organismos invasores. Desta volta, chégalle a quenda á pataca, unha planta importada hai séculos dende América. E que, agora, recibe en Galicia a un dos seus parasitos: a couza de Guatemala, un pequeno insecto que estraga o interior do tubérculo. A praga é preocupante, porque xa aparece na Europa continental. E en Galicia vén de atoparse na bisbarra de Ferrolterra, despois de ser localizada hai unha década nas illas Canarias. A Xunta ordeou onte medidas para atallar esta nova praga.
A praga denominada «couza guatemalteca da pataca», provocada polo organismo nocivo denominado Tecia solanivora Povolny, é unha das de maior importancia económica no cultivo da pataca en América Central, de onde é orixinaria, e nos países de América do Sur, nos que se foi introducindo: Venezuela (1983), Colombia (1985) e Ecuador (1996). En Europa este insecto foi observado e identificado nas illas Canarias (1999-2006). A Tecia solanivora Povolny é unha praga incluída na lista A2 da EPPO (European Plant Protection Organization) polo que se considera unha praga de corentena, sometida a regulación e, por tanto, é necesario tomar medidas para a súa erradicación e control.

A Xunta declara corentena e prohíbe comercializar a pataca das zonas afectadas

Os danos son causados pola larva, tanto en campo como en almacén, penetrando no tubérculo para alimentarse facendo galerías, sendo o tubérculo de pataca o único hospedador desta praga. A presenza en Galicia desta polilla limítase polo de agora a tres concellos do norte da Coruña (Ferrol, Narón e Neda). Os produtores desta zona explican que se trata dun insecto que pon os seus ovos na pataca, e son as larvas as que se alimentan do tubérculo, danándoo.
A Xunta adoptou unha serie de medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma. Así, obriga aos produtores a colocar trampas con feromona sexual para a captura masiva; utilizar sementes certificadas e con garantía sanitaria, é dicir, non reutilizar as sobrantes da tempada que se pechou este verán coa recollida da colleita; e retirar do terreo e destruír todos os tubérculos danados. Tamén aplica medidas para os comercializadores, que deben separar os tubérculos cuxo destino sexa para semente e os de consumo. E prohíbe, entre outras medidas publicadas no D.O.G., a saída destas zonas da pataca producida nestes tres municipios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.