O novo cogomelo vive nas dunas das illas Cíes

O novo cogomelo vive nas dunas das illas Cíes

Descobren nas illas Cíes unha nova especie de cogomelo

Vive adherida á vexetacion dunar e o investigador Jaime B. Blanco publicará o seu achado na revista científica 'Mycosphere'

O investigador Jaime B. Blanco Dios foi o responsable do descubrimento dunha nova clase de cogomelo nas dunas da praia de Rodas, nas Illas Cíes. Trátase dun recente achado para o mundo da ciencia que foi designado como Marasmiellus ciesianus, e cal presenta unha serie de diferenzas microscópicas con especies próximas á súa. Será ao longo deste ano cando se publique unha descrición deste organismo en Mycosphere, revista internacional que publica artigos de calidade sobre a bioloxía dos fungos.

O novo cogomelo vive sobre unhas ramas mortas da planta dunar Helichrysum picardii.

O novo cogomelo vive sobre unhas ramas mortas da planta dunar Helichrysum picardii.

Este cogomelo achado no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas pertence á familia dos saprófitos, os cales desenvolven todo o seu ciclo de vida sobre materia orgánica inerte. En concreto, Marasmiellus ciesianus frutifica a finais de outono e a principios de inverno enriba dunhas ramas mortas de Helichrysum picardii variedade virescens, unha planta característica das dunas galegas.

Cómpre salientar que, ata o momento, as dunas da praia de Rodas son o único lugar no que aparece esta nova especie. Ademais, este espazo natural acolle outros fungos que non son moi comúns en Galicia, pero que si son típicos de ecosistemas dunares como poden ser a Campanella caesia Romagn ou Marasmiellus mesosporus Singer. Tamén hai outros organismos que se poden distinguir como Mycena rubromarginata, Phlebiella boidinii ou Subulicystidium perlongisporum; pero un dos descubrimentos máis relevantes nestes últimos anos foi o da planta endémica Ornithopus x ciesianus.

Por último, cabe destacar o labor do indagador natural de Pontevedra: Jaime B. Blanco, o cal foi galardonado recentemente co premio Cidade de Pontevedra 2014 na modalidade de persoas físicas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.