Gráfico da AEMET coa alerta amarela en Galicia.

Gráfico da AEMET coa alerta amarela en Galicia.

De 2015 a 2016: De alerta amarela por calor a por choivas torrenciais

O mes de xuño cambia nun ano de aviso por máis de 40 graos a graves chuvascos este mércores

Mesmo mes, dous anos consecutivos. De alerta amarela por calor a alerta amarela por choivas torrenciais. A Axencia Estatal de Meteoroloxía AEMET vén de declarar aviso amarelo por chuvascos intensos nas Rías Baixas e interior de Pontevedra de 6.00 a 18.00 horas do mércores 15 de xuño de 2016. Curiosamente, un ano antes, o 19 de xuño de 2015, Galicia torrábase con temperaturas que superaban os 35 graos. E a alerta amarela era por calor. Dun ano a outro, xuño racha con todos os tópicos e refráns.

Un termómetro na rúa marca 40 graos.

Un termómetro marca 40 graos en xuño de 2015.

A alerta amarela do mércores prevé altas precipitacións dende pouco antes do amencer e que se manterán ata a noite, chegando ás 22.00 horas. A zona máis afectada será a provincia de Pontevedra, tanto na costa como no interior.

Unha fronte fría, cargada de nubes e precipitacións, descendeu sobre Galicia dende o norte do Atlántico e as Illas Británicas, provocando tamén unha forte baixada de temperaturas, que se sitúan por baixo dos 20 graos en Galicia, algo inusual nesta época do ano.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.