Xoves 28 Marzo 2024

Confirmado: 2015 foi o ano máis cálido no rexistro histórico

As temperaturas medias mundiais en 2015 foron as máis calorosas desde que se teñen rexistros, segundo confirmaron científicos da Administración Oceanográfica e Atmosférica Nacional (NOAA polas súas iniciais en inglés) e da Axencia Espacial Estadounidense (NASA).

A temperatura superficial media do planeta aumentou 1,8 graos Fahrenheit (1,0 graos Celsius) desde finais do século XIX, un cambio impulsado en gran medida polo aumento de dióxido de carbono e outras emisións provocadas pola actividade humana. A maior parte do quecemento ocorreu nos últimos 35 anos. Desde o 2001 se rexistraron 15 dos 16 anos máis quentes da historia coñecida.

Publicidade

Dende 2001, se rexistraron 15 dos 16 anos máis quentes da historia coñecida

No 2015 tamén foi a primeira vez que as temperaturas medias globais foron de 1 grao Celsius ou máis por encima da media 1880 a 1899. A análise da NASA estima que 2015 foi o ano máis caloroso, cun 94% de certeza. Debido a que os lugares e as medicións de estacións meteorolóxicas cambian co tempo, existe certa incerteza nos valores individuais. Con todo, os científicos da NOAA estiveron dacordo coa conclusión de que 2015 foi o ano máis cálido rexistrado baseado en análises separadas, independentes dos datos.

“O cambio climático é o reto da nosa xeración e o labor fundamental da NASA sobre esta importante cuestión que afecta a cada persoa na Terra”, dixo o administrador da NASA, Charles Bolden.

Aínda que os datos alarman, non resultan do todo inesperados e máis ben confirman o que se sospeitaba. En outubro pasado, a Oficina de Meteoroloxía de Reino Unido xa expresara a súa previsión de que durante 2015 a temperatura media da Terra superaría por primeira vez 1°C con respecto á época preindustrial.

Ademais, segundo NOAA só de xaneiro a xullo do ano anterior, as temperaturas oceánicas xa alcanzaran un máximo histórico. O aumento da media de temperaturas mundiais é sinal inequívoco de cambios nos ecosistemas, atentando contra toda a humanidade e a flora e fauna mundial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

A UDC propón políticas de transición enerxética para 13 rexións con altas emisións de CO2

O proxecto europeo ENTRANCES, liderado dende a institución coruñesa, estudou 13 zonas europeas en proceso de descarbonización