Martes 16 Abril 2024

Científicas galegas acadan un importante avance para blindar ao amieiro ante as pragas

O Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), adscrito ao CSIC, vén de acadar un novo avance na conservación do amieiro, unha das árbores de ribeira máis senlleiras do país. Os científicos desenvolveron unha nova ferramenta biotecnolóxica para rexenerar “in vitro” esta especie.

Tras seis anos de ensaios no laboratorio do Grupo de Biotecnología y Mejora Forestal, puxeron a punto un método de micropropagación para a rexeneración de amieiros seleccionados en concas de Galicia afectadas pola praga do organismo Phytophthora alni. Para blindar á especie, o CSIC investiga para obter exemplares tolerantes a este organismo. A praga causou a morte dun importante número de árbores nas concas do Miño-Sil e o Limia.

Publicidade

Os detalles do traballo, que leva por título Biotechnological approaches for the improvement and conservation of Alnus glutinosa, acaban de publicarse nun libro editado por Springer. A investigación forma parte do proxecto “Conservación a longo e medio prazo do xermoplasma de amieiro”, asinado polas científicas Mª del Carmen San José, Elena Corredoira, Laura Janeiro, María Teresa Martínez, Silvia Valladares, Mª José Cernadas e Raquel Montenegro. O estudo está financiado polo Instituto Lucense de Desarrollo Económico y Social (INLUDES).

Os traballos enmárcanse nunha encomenda de xestión coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e agárdanse que nos vindeiros meses se obteñan os resultados do proxecto.

Desde hai máis de 25 anos, o IIAG traballa en investigacións que procuran a mellora, propagación vexetativa e conservación de especies forestais a través da biotecnoloxía. Foi importante a súa labor na defensa dos bidueiros, carballos, castiñeiros, faias, chopos, sobreiras ou olmos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte

Un hidroxel permite cultivar células neurais para reparar lesións medulares

O material desenvolvido polo CSIC combínase con campos magnéticos, un avance na busca de novas terapias

Que fai a supercomputación galega nun xacemento exipcio de hai 3.500 anos?

O CESGA almacena nun repositorio seguro a información das campañas de escavación que se desenvolven na antiga cidade de Tebas