nasa lume canadá

Chega a Galicia o fume do gran incendio de Canadá

A NASA publica a imaxe dun ronsel de 10.000 kms que chega a Europa dende o lume bautizado como A Besta

Xa está en Galicia o fume do xigantesco incendio que vive Canadá dende o pasado 1 de maio. As lapas, na rexión de Alberta, calcinaron xa medio millón de hectáreas e obrigaron a evacuar a máis de 90.000 habitantes da localidade petroleira de Fort McMurray. Dúas persoas morreron tentando escapar. O fume deste inmenso lume, bautizado como A Besta, cruzou xa o océano Atlántico e o pasado domingo chegou a Europa, entrando por Galicia.

Na imaxe, feita pública pola NASA, pode apreciarse en cor azul os gases do fume do colosal incendio. Durante os últimos días, un ronsel de partículas de 10.000 quilómetros de lonxitude viaxou dende o continente americano. O fume chegou tamén ata o Reino Unido e, seguindo outra dirección, alcanzou tamén Florida, ao sur de Estados Unidos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.