Venres 19 Abril 2024

A ONU escolle dous montes galegos como exemplo de xestión comunal

Alén da cuestionada xestión forestal en Galicia, de cando en vez aparecen exemplos que son recoñecidos por organismos internacionais. É o caso do traballo dos comuneiros de Froxán, en Lousame, e Santiago, no Covelo, que acaban de entrar a formar parte do rexistro ICCA, que elabora o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Son as primeiras áreas da península Ibérica e as terceiras de Europa en acadar este recoñecemento.
Esta lista recoñece os mellores exemplos da xestión comunal do territorio por parte dos seus habitantes.

As liñas mestras de ICCA, nome baixo o que se recoñecen todos aqueles territorios xestionados polas comunidades locais, xiran en torno a tres puntos principais: unha comunidade ben definida e vencellada ao territorio (veciños, gremios, ou asociacións dun determinado sector); un sistema propio de gobernanza e toma de decisións que teña en conta a participación da mencionada comunidade; e un compromiso de conservación e uso sostible do hábitat para evitar danos ou deterioro medioambiental.

Publicidade

Na súa web, o rexistro ICCA destaca o traballo realizado polos comuneiros de Froxán, en Lousame, que nos últimos anos levaron a cabo un amplo traballo de concienciación sobre o territorio, dando a coñecer a recuperación que fixeron na zona. Entre outras intervencións, actuaron nas zonas afectadas polos antigos traballos de minaría e eliminaron algunhas especies invasoras, que substituíron por especies nativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204