Froitos do aguacate na árbore. Imaxe: Petar43 / Wikicommons, CC BY-SA 4.0.

Froitos do aguacate na árbore. Imaxe: Petar43 / Wikicommons, CC BY-SA 4.0.

É posible cultivar aguacates en Galicia?

Un equipo do Campus Terra desenvolve un proxecto para a xestión sustentable de plantacións de maceiras para sidra e aguacates frescos

Os aguacates, ou abacates, son uns froitos de moda. A súa presenza en numerosas dietas e receitas espertou o interese deste produto no noso país grazas ás súas propiedades nutricionais. A súa árbore, orixinaria de América Central e México, ten dificultades para medrar no noso clima, o que incrementa o seu prezo de venda, pero iso podería ser cuestión de tempo.

O proxecto tamén cultivará maceiras para a produción de sidra

Un equipo de investigadores do Campus Terra da USC, entre os que figuran os profesores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal  Xesús Pablo González Vázquez e Javier J. Cancela Barrio, forman parte do grupo operativo liderado pola sociedade agraria de transformación Vivaz Plant, con sede en Tomiño, e orientado a fomentar a xestión sustentable de recursos naturais baseándose no cultivo de maceiras e aguacates en Galicia.

O proxecto conta tamén coa participación do Grupo Eco3g Consultores, en calidade de axente de innovación e co Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), ademais dos xa citados investigadores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC, que actuarán como centro de investigación experto.

Plantación de aguacates de Vivaz Plant. Foto: USC.

Plantación de aguacates de Vivaz Plant. Foto: USC.

O grupo operativo posto en marcha pola sociedade Vivaz Plant ten cultivadas unas 6.000 plantas de maceiras para sidra, repartidas en 7,3 hectáreas, e 700 plantas de aguacates noutra parcela de 200 hectáreas.

O obxectivo fundamental deste proxecto é a implantación, desenvolvemento, aumento produtivo e a comercialización estable de maceiras de variedades autóctonas para produción de sidra 100% de orixe galega e aguacates para consumo en fresco mediante técnicas innovadoras e respectuosas co medio ambiente dentro dunha contorna rural actualmente infrautilizada. Este proxecto busca achar a través da mazá e do aguacate vías innovadoras de desenvolvemento que contribúan a modernizar e a proporcionar maior competitividade e innovación ao sector rural galego.

A constitución deste grupo operativo espera poder desenvolver un proxecto que faga posible xerar produtos propios singulares en base ao aguacate e á mazá que resulten competitivos en rendibilidade económica e calidade no mercado global. Desenvolver proxectos de I+D arredor destes produtos, achegar ao medio rural galego ferramentas para o desenvolvemento autónomo e económico coa máxima sustentabilidade son outros dos cometidos desta iniciativa.

 

Unha resposta a “É posible cultivar aguacates en Galicia?”

  1. Pablo Santa Cruz

    A ver si dejan de investigar cosas que de todos los labregos galegos é sabido. En Abegondo hay un par de ellos y en muchas más partes de la región… Mejor que se dediquen a averiguar otro tipo de cultivos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.