Venres 19 Abril 2024

Agricultura soltará parasitos no monte contra a avespiña do castiñeiro

Comeza a batalla contra a avespiña do castiñeiro. E o aliado para frear o seu avance en Galicia será un parasito natural deste insecto. Os produtores de castañas levaban tres alertando de que estaba en perigo o 80 % da colleita, no caso de que non se adoptasen medidas urxentes. E o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente vén de anunciar que haberá soltas controladas de Torymus sinensis, en Galicia e en Andalucía para o control biolóxico do insecto que empeza a expandirse de forma exponencial polos soutos de Lugo e da Coruña.
A liberación experimental do antagónico da avespa do castiñeiro, que terán que traer de Francia ou de Italia, un país no que a praga acabou co 80 % da colleita e que empeza agora a recuperarse, vai realizarse nos meses de abril ou de maio. Nesta iniciativa participarán expertos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Estación Fitopatológica de Areeiro, en Pontevedra.

A avespiña é orixinaria de China e está presente en España dende 2012

O uso dun parasito natural da avespiña considérase un método eficaz para limitar a súa expansión de forma natural, é dicir, sen utilizar insecticidas. Torymus sinensis e tamén unha especie exótica, polo que a súa utilización no medio natural debe realizarse baixo o principio de precaución e coas investigacións necesarias para coñecer o seu efecto ambiental sobre a biodiversidade nativa.
A avespiña do castiñeiro induce a aparición de lesións nestas árbores, o que causa perdas notables na produción do froito. Na actualidade, está a afectar aos bosques e arboledo disperso de castiñeiro, provocando graves danos tanto na produción de castañas como na conservación do ecosistema no seu conxunto.
Este insecto exótico orixinario de China estendeuse de xeito progresivo nas últimas décadas por todo o mundo. A súa presenza en América detectouse nos anos 70 e en 2002 en Italia, onde o sector aínda está a recuperarse das graves perdas rexistradas. A avespiña do castiñeiro está presente en España desde 2012, cando se detectou por vez primeira en Cataluña.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os vermes que ameazan os cultivos multiplícanse en Galicia: a praga que ninguén esperaba

O crecemento desmesurado desta poboación vén provocado polas altas temperaturas e a humidade entre o final do verán e o inicio do outono

Un de cada catro lobos en Galicia presenta infección por vermes cardiopulmonares

Un estudo no que participou a USC detectou en cadáveres do noroeste peninsular un parasito que ocasiona doenzas respiratorias en carnívoros

O parasito máis abundante da natureza favorece as femias e prexudica os machos

Máis da metade de todas as especies de insectos e artrópodos viven infectados por 'Wolbachia', descuberto en 1924

A USC investiga novos produtos naturais para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Un equipo de Lugo traballa no proxecto 'Go Delicias' co obxectivo de identificar e desenvolver as defensas da árbore fronte ao insecto