Venres 29 Marzo 2024

Adega denuncia que unha obra pública arrasou fentos en perigo de extinción

A organización ecoloxista Adega denunciou que unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, fento endémico considerado en perigo de extinción. “Novamente o patrimonio natural máis sensíbel fica degradado polo desleixo da propia administración” sinala Adega nun comunicado.

Exemplares de Lycopodiella inundata
Exemplares de Lycopodiella inundata. Foto: Natureza Dixital.

Adega apunta que as obras de arranxo de pistas e novos cortalumes que Medio Rural está a executar na contorna da lagoa de Alcaián danaron tamén exemplares de Euphorbia uliginosa e Centaurea ultreiae, ambas en perigo de extinción e esta ultima endémica, así como de Spiranthes aestivalis, considerada vulnerábel. No caso da poboación da Lycopodiella arrasada, os exemplares ficaban á beira dunha charca sobre a que abriron unha nova pista, en troques de arranxar o vello camiño que alguén ocupou cunha plantación de eucaliptos.

Publicidade

A lagoa de Alcaián ou Braña Rubia é un excepcional territorio cunha rara poboación botánica e non poucos endemismos, debido á súa peculiar xeolóxía de rochas ultrabásicas. “Este espazo xa fora proposto polo bipartito para integrar a Rede Natura 2000, figurando tamén entre as áreas que o PP prometeu incluir nesta figura de protección… até hoxe”, engade Adega.

Adega lembra que os danos as especies protexidas poden ser constitutivos de delicto penal

A organización ecoloxista lembra que os danos ás especies protexidas poden ser constitutivos de delicto, consonte o artigo 332 do Código Penal: “O que con grave prexuízo para o medio ambiente corte, talle, queime, arrinque, colleite ou efectúe tráfico ilegal de algunha especie ou subespecie de flora ameazada ou dos seus propágulos, ou destrúa ou altere gravemente o seu hábitat, será castigado coa pena de cadea de catro meses a dous anos ou multa de oito a 24 meses”.

“Por iso preguntámonos quen se vai responsabilizar de ter eliminado toda unha poboación dunha especie en perigo de extinción, danando outras moi sensíbeis e endémicas”, sinala Adega, que tamén se pregunta “como é posíbel que a mesma administración encarregada da protección deste valioso patrimonio, sexa tamén a responsábel do seu deterioro? O descoñecemento non pode ser excusa, e moito menos tratándose da Xunta. Ademáis esta poboación de Lycopodiella en Coristanco estaba catalogada (cita no Herbario de Santiago SANT65621)”.

1 comentario

  1. Chove sobre mollado. De lonxe sabemos que na Xunta de Galicia, e especialmente a dirixida por Feijóo, os temas medioambientais non lles importan o mais mínimo.
    Pero hai que seguir denunciando e documentando estas aldraxes para botarllas na cara cando logo fan campaña política decindo que eles “fan ben as cousas”.
    O Medio Ambiente, para esta Xunta, son os incendios, a caza e a pesca. Punto pelota.
    Pais!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mapa que revela o territorio galego incompatible coa implantación eólica

Para a elaboración do informe a ONG SEO/BirdLife tivo en conta as figuras de protección e as zonas de alto valor ecolóxico

Así afecta o eucalipto á biodiversidade na illa de Tambo

Un estudo coordinado por Adega demostra que as áreas de maior riqueza natural son nas que hai unha menor presenza de 'Eucalyptus globulus'

Os ecoloxistas alertan da “desaparición inminente” da tartaraña cincenta en Galicia

Adega pon o foco na eucaliptización, os parques eólicos e os pesticidas como ameaza principal á Ave do Ano 2023

Unha planta acuática invasora está a poñer en risco ríos e praias galegas

Adega leva meses alertando sobre unha incipiente expansión do xacinto acuático no litoral e nas zonas húmidas de Galicia