Venres 19 Abril 2024

Adega denuncia ante o TSXG as batidas de lobo autorizadas pola Xunta

A asociación ecoloxista Adega vén de presentar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha denuncia sobre as últimas autorizacións concedidas pola Xunta para realizar batidas de lobos a raíz dos danos causados no gando. A entidade considera que estes permisos non cumpren co marco normativo do Plan de xestión do lobo e que se están concedendo de xeito “discrecional“. É por iso que, no texto da denuncia, sosteñen que podería haber indicios “dun delito de prevaricación administrativa” por parte da consellería de Medio Ambiente.

Sosteñen que podería haber indicios “dun delito de prevaricación administrativa” por parte de Medio Ambiente

Nun escrito de nove páxinas, o colectivo sostén que nalgunhas das últimas batidas, como a celebrada a finais de xaneiro en Friol e saldada coa morte dun can, “foron empregados métodos ilegais ao abeiro da lei de caza, que terían sido incluso motivo de apertura de expediente por parte do Seprona“. Amais, Adega sostén que no pasado mes de outubro, durante unhas agardas autorizadas en Cotobade polo Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra, se poderían ter utilizado outros procedementos fóra da legalidade, como os cebos atraentes. Neste mesmo municipio, segundo informan, vaise levar a cabo unha nova batida este domingo 12.

Publicidade

A raíz destes feitos, sinalan que se están dando “incumprimentos graves” da normativa sobre a xestión do lobo e unha “falta notoria de garantías á hora de emitirse os informes técnicos” polos que se xustifican as batidas e as agardas.

A denuncia, que pretende subliñar a “ineficacia” dos controis poboacionais, tamén afonda na situación das medidas preventivas e as indemnizacións por danos aos propietarios dos animais atacados polo lobo. Respecto á prevención, Adega lembra que entre o 2012 e o 2015, o goberno autonómico non convocou durante ningunha liña de axudas ao respecto. En canto ao pago dos danos, a entidade estima que desde o ano 2010 se teñen acumulado máis de 570.000 euros de retrasos en indemnizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mapa que revela o territorio galego incompatible coa implantación eólica

Para a elaboración do informe a ONG SEO/BirdLife tivo en conta as figuras de protección e as zonas de alto valor ecolóxico

Un equipo da UVigo constata que o granulado ten aditivos con "toxicidade crónica" e irritantes para os ollos

O grupo liderado por Ricardo Beiras analiza un dos informes encargados pola Xunta para coñecer a composición das bólas plásticas

As autoridades descoñecen os aditivos químicos dos plásticos un mes despois da vertedura

O único dato oficial sobre as bólas é que están feitas de polietileno, o plástico máis común, pero aínda non se sabe que outras substancias conteñen

Así afecta o eucalipto á biodiversidade na illa de Tambo

Un estudo coordinado por Adega demostra que as áreas de maior riqueza natural son nas que hai unha menor presenza de 'Eucalyptus globulus'