Cartel da convocatoria.

Cartel da convocatoria.

Convocan unha plantación de eucaliptos na praza do Obradoiro

Con motivo do Día da Terra, 60 colectivos realizarán unha protesta simbólica o vindeiro 22 de abril

Eucaliptos na praza do Obradoiro. Así será a protesta que, con motivo do Día da Terra, convoca o movemento “Cousa de Raíces”, xunto coa Asemblea  contra a eucaliptización de Compostela, para o vindeiro sábado, 22 de abril, ás 12 horas en Compostela.

A asociación ecoloxista Adega destaca que esta performance “consistirá na simulación da plantación con eucaliptos na principal praza compostelá”, co obxectivo de “promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas”.

Os convocantes queren tamén con este acto denunciar “a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio”.

O eucalipto xa ocupa medio millón de hectáreas en Galicia. O que supón o 17 por cento do territorio galego. E varias organizacións conservacionistas apostan por tomar decisións como en Portugal, que vén de aprobar a chamada ‘reforma da floresta’, un conxunto de 12 medidas para atallar a praga dos incendios forestais no país e para racionalizar as fragas do territorio. As plantacións de eucalipto estarán prohibidas no país veciño ou restrinxidas ata o vindeiro ano 2030. E o eucalipto en Portugal, aínda que moi abundante, só ocupa o 9 por cento do territorio. Oito puntos por baixo de Galicia. O dobre en termos porcentuais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.