Xoves 28 Marzo 2024

A Xunta vacinará 26.000 castiñeiros contra o cancro

A Consellería do Medio Rural prevé inocular ao longo deste ano 2017 uns 26.000 castiñeiros con cepas hipovirulentas para facer fronte ao cancro do castiñeiro e así preservar os soutos da xeografía galega. O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, explicou que dende que se puxo en marcha este tratamento no ano 2011 en colaboración coa Deputación de Pontevedra -a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro- pasouse de ter 93 solicitudes por parte de particulares a máis de 1.500 no ano 2016, cando se trataron 16.037 castiñeiros. Segundo comentou Fernández-Couto, no que vai de ano recibíronse máis de 700 solicitudes e tratáronse preto de 3.300 castiñeiros, que sumados aos que se levan inoculado dende 2011 fai un total de preto de 70.000 árbores.

Tomás Fernández-Couto.
Tomás Fernández-Couto.

O chamado ‘cancro do castiñeiro’ é unha enfermidade que chegou de Asia e que se propaga por un fungo, que penetra pola corteza da árbore e mata o tecido que fai que medre en diámetro. O castiñeiro morre porque non pode formar novos vasos conductores para a savia. O problema agrávase porque esta doenza se propaga moi rápidamente, debido a que o fundo produce grandes cantidades de conidios (esporas), que son transportados pola choiva, os paxaros ou os insectos.

Publicidade

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro preparou a vacina contra o cancro do castiñeiro

Os traballos de inoculación comezaron no ano 2003 cun primeiro estudo profundo da natureza e distribución deste fungo na nosa comunidade autónoma, co obxecto de atopar as cepas hipovirulentas que permitisen controlar e diminuír esta enfermidade ao estar en contacto coas cepas daniñas. Logo de desenvolver os inóculos hipovirulentos, procedeuse a levar a cabo estes tratamentos en parcelas experimentais e vistos os resultados positivos acadados comezouse a traballar fóra destas parcelas no 2011 para así sanear os soutos públicos e privados.

Tomás Fernández-Couto sinalou que estes traballos realízanse fóra do período de altas temperaturas e baixa humidade, polo que se dividen en dúas tandas. Por unha parte, do 1 de febreiro ao 15 de xullo (aproximadamente) e logo do 15 de setembro ao 15 de decembro. Uns períodos, remarcou, que dependen das condicións meteorolóxicas e que, polo tanto, se poden ver alongados ou reducidos.

O director xeral avanzou tamén que a Consellería do Medio Rural está levando a cabo varias liñas de traballo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para reforzar as variedades de castiñeiro e facelas máis resistentes e tolerantes a certos factores bióticos (pragas ou enfermidades). Así, avanzou que neste ano desenvolveranse os ensaios de inoculación con cepas virulentas do cancro en portaenxertos e clons para madeira; mentres que no ano 2018 se incorporarán os ensaios ás variedades tradicionais enxertadas de produción de castaña.

1 comentario

  1. De moito interese e importancia para defender os nosos castiñeiros.
    Eu teño varios nunha finca da miña propiedade, pero ó meu interese centrase nun centenario, e desexaría tratalo. ¿qué debo facer?. Gracias

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña