Xoves 25 Abril 2024

A USC estuda con drones a dinámica das praias de bloques

As praias de cantos e bloques, coñecidos como coídos en Galicia, son espazos dinámicos sacudidos polos temporais. As costas rochosas son uns dos elementos máis singulares que existen na paisaxe galega a pesares de que até hai moi pouco apenas se lles prestaba atención porque se consideraba que a súa mobilidade era reducida; mesmo había quen a puña en dúbida ou quen apuntaba a posibilidade de que estivera relacionada con tsunamis.  Mais os traballos sobre a xeomorfoloxía costeira en Galicia do catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago Augusto Pérez Alberti, en colaboración co profesor da Universidade de Windsor (Canadá) Alan Trenhaile, máxima autoridade no estudo destas tipo de costas no mundo, amosan non só unha maior mobilidade deses bloques da que se lle supuña se non tamén cambios constantes provocados polos temporais mariños. Os dous investigadores puxeron en marcha en 2012 e até 2014 un proxecto de seguimento de praias de bloques mediante o uso combinado de drones e fotogrametría en colaboración coa empresa Cartogalicia e deste traballo se extrae que son os fenómenos meteorolóxicos e non a existencia de tsunamis, os causantes da dinámica cambiante dos bloques.

O dron na praia de Oia, en abril de 2013
O dron na praia de Oia, en abril de 2013

O traballo, o primeiro no mundo do que se ten constancia da aplicación de drones en xeomorfoloxía costeira, seleccionou como obxecto de estudo dous coídos, un o de Laxe Brava, ao norte de Ribeira, e outro en Oia, ao sur da ría de Vigo. A investigación supón un avance no coñecemento deste tipo de paisaxe e ao mesmo tempo resalta as carencias que até agora impediron unha xestión adecuada da costa. “É fundamental coñecer ese dinamismo para a planificación do litoral”, asegura o catedrático da USC. Pérez Alberti denuncia que é precisamente a falta de atención ás investigacións sobre o litoral a que “explica moitos dos desastres asociados aos temporais”.
Os datos, integrados nun SIX, indican con claridade como canto maior é a intensidade dos temporais máis mobilidade se produce. “Chegan a moverse nun ano miles de blocos de grande tamaño, algúns de varias toneladas”, explica o profesor. “Nese ano, por exemplo, trasladouse de lugar o 17,5% dos clastos -fragmentos de rochas- da praia Laxe Brava e preto do 53% na de Oia, maior neste último caso por seren os cantos rodados máis pequenos”. O maior movemento  dos bloques no inverno de 2013-2014 respecto ao anterior está relacionado tanto coa maior altura das ondas dos temporais como pola súa repetición en períodos de tempo curtos.

Os maiores movementos rexístranse con ondas de máis altura e temporais frecuentes

O traballo dá conta ademais da relevancia de combinar a fotografía co dron para o levantamento fotogramétrico, que permite facer modelos dixitais moi precisos, neste caso de ata 1 centímetro, para así coñecer con maior precisión como se move a costa galega cos temporais.
Pérez Alberti presentou os seus primeiros resultados no Congreso Internacional de Xeomorfoloxia celebrado en agosto de 2013 en París. Del derivou un primeiro artigo, redactado en colaboración con Alan Trenhaile, na revista Earth Surface Processes and Landforms, no que se  comparaban os datos obtidos entre 2012 e 2013. Recentemente publicou un segundo artigo na revista Geomorphology no que se presentan os resultados obtidos entre 2012 e 2014. Ambas as dúas publicacións son as de maior impacto internacional no seu ámbito.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cona de vella, teta do mar, pixa porca… Os mil nomes do misterioso animal das praias de Arousa

A lebre de mar é un molusco típico do litoral galego que pode aparecer varado, polo que é necesario recollelo e devolvelo ao mar

A segunda viaxe á Antártida dun catedrático de 75 anos

Augusto Pérez Alberti partirá a finais de xaneiro para estudar o proceso de deglaciación na illa de Livingston ao abeiro dun proxecto estatal

Un bólido cruza o ceo da Coruña e extínguese a 16 quilómetros da costa

As cámaras da Casa das Ciencias detectaron o meteoro, procedente dun cometa, na noite do sábado 10 de setembro

A beleza discreta das fervenzas coruñesas

O outono abre a porta ao descubrimento da fervenza perfecta, un refuxio da natureza onde os ríos seguen labrando o seu val