Imaxe das Illas Cíes, pertencentes ao único Parque Nacional de Galicia, o das Illas Atlánticas.

Imaxe das Illas Cíes, pertencentes ao único Parque Nacional de Galicia, o das Illas Atlánticas.

A nova Lei de Patrimonio Natural creará un catálogo de hábitats en perigo de desaparición

A Xunta tamén pretende aprobar antes de 2020 45 plans de recuperación ou conservación de especies

O pasado 2 de febreiro, o Consello da Xunta acordou iniciar a tramitación do anteproxecto de Lei de patrimonio natural de Galicia, para actualizar a normativa sobre conservación da natureza, que data do ano 2001, e que fica obsoleta diante no novo marco lexislativo europeo e estatal. Segundo declarou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a nova lexislación basearase na “prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística”.

Dentro desta nova lei, o executivo galego adiantou a creación de varias figuras de protección. Destaca, polas súas implicacións, a creación do Catálogo de hábitats en perigo de desaparición de Galicia, no que se integrarán tanto aqueles declarados en risco pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, como os que se atopen na comunidade e xa estean incluídos no catálogo nacional. O obxectivo, segundo a Xunta, é estender a protección das especies ameazadas ao conxunto do seu entorno.

As multas máis graves poderían chegar aos dous millóns de euros

Por outra banda, entre outras medidas, tamén se incluirá a creación das microrreservas: espazos dunha superficie inferior a 20 hectáreas onde haxa hábitats “raros ou de especies ameazadas”.

No tocante á biodiversidade, crearase o Listado de especies silvestres en réxime de protección especie, que inclúe o xa existente Catálogo galego de especies ameazadas. Non en tanto, realizarase unha distinción entre as especies en perigo de extinción e as vulnerables. O obxectivo da Xunta é conseguir que ata 2020, a aprobación dun plan de recuperación ou conservación para 45 especies ameazadas ou vulnerables.

En canto ás sancións, a contía multiplicarase case por sete respecto a anterior lei. Así, as infraccións de carácter moi grave poderían chegar ata os dous millóns de euros.

Nas últimas datas, o ente autonómico mantivo unha rolda de contactos con asociacións, colectivos e axentes sociais para presentarlles o anteproxecto de lei. Esta serie de reunións pechouse co encontro que mantiveron este xoves 23 a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, e o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.