Ponte de San Xusto-Río Lérez. Foto:Adrián Estévez. Galipedia.

Ponte de San Xusto-Río Lérez. Foto:Adrián Estévez. Galipedia.

Declaradas protexidas 192 novas paisaxes de Galicia

Medio Ambiente incorpora novos miradoiros e lugares pintorescos á lista de especial protección

A Consellería de Medio Ambiente vén de incorporar ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, tras o período de alegacións, un total de 192 novos Lugares de especial interese paisaxístico.

O período de exposición pública do Catálogo tivo lugar entre o 12 de febreiro e o 30 de abril e durante o mesmo recibíronse un total de 80 alegacións, realizadas polos seguintes colectivos: sector mineiro e de actividades extractivas (36 alegacións), concellos (23 alegacións), asociacións ambientais, ecoloxistas e de veciños (10 alegacións), particulares (9 alegacións), comunidade de montes (1 alegación) e colexios profesionais (1 alegación). Todas e cada unha das alegacións foron contestadas individualmente.

As temáticas das propostas de cada colectivo foron similares. Entre elas, a principal alegación do sector mineiro facía alusión ás posibles medidas que con carácter xeral puidesen limitar a actividade mineira, así como ao respecto dos dereitos mineiros, aspectos estes que no son obxecto do Catálogo das Paisaxes.

Pola súa banda, a maior parte dos concellos, asociacións ambientais, e particulares solicitaron a inclusión no Catálogo de lugares de interese paisaxístico -tales como elementos do patrimonio cultural, fragas, fervenzas- ou ámbitos máis amplos como vales ou ribeiras de rías.

Coto de Codeseda.

Coto de Codeseda.

Así, como resultado destas alegacións, incorporáronse ao Catálogo 192 novos Lugares de especial interese paisaxístico que, aplicando o procedemento de identificación, delimitación e selección de Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP), deu lugar a 4 novas AEIPs (“Pego Negro” e “San Xusto-Río Lérez” na grande área paisaxística Rías Baixas, “Foxo Vello-O Canelar” na grande área Chairas, Fosas e Serras Ourensás e “Coto de Codeseda” na grande área Galicia Central), así como á ampliación doutras 11. Nalgúns casos, cando a relevancia do elemento ou o lugar mencionados na alegación así o requiriu, engadiuse unha referencia explícita ao mesmo no texto do documento.

Tamén se incorporaron ao Catálogo todos os miradoiros solicitados nas alegacións que cumprían as condicións de accesibilidade mencionadas na memoria do Catálogo, o que deu lugar á inclusión de 28 novos miradoiros, pasando de 444 a un total de 472 os integrados no inventario do Catálogo.

Unha resposta a “Declaradas protexidas 192 novas paisaxes de Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.