Os Prismas chegan á súa XXXI edición.

Os Prismas chegan á súa XXXI edición.

Os Museos Científicos Coruñeses convocan os XXXI Premios Prismas

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos Coruñeses, anuncia a convocatoria da XXXI edición dos Premios Prismas ‘Casa das Ciencias’ á Divulgación científica. Os galardóns, que xa acumulan máis de 30 anos de traxectoria, son unha referencia na comunicación da ciencia en España.

Os Premios Prismas constan de sete categorías: vídeo, web ou rede social, libro, texto inédito, artigos xornalísticos e radio, ademais do Prisma Especial do Xurado, que se outorga a persoas ou institucións que destacasen pola súa contribución singular á divulgación científica. O prazo de presentación de propostas finaliza o 31 de xullo deste ano, excepto para a modalidade de libro editado, que concluirá o 30 de xuño.

Premios Prismas 2017

O ano pasado, nos Premios Prismas, o Especial do Xurado foi para Jorge Mira Pérez, catedrático de Electromagnetismo da USC. Recoñeceuse “a súa contribución á divulgación da ciencia e o seu estímulo á aprendizaxe da mocidade e a promoción da cultura científica, manexando todo tipo de formatos divulgativos, sacando o coñecemento científico á rúa”.

Outra galega, Deborah García Bello, recibiu o premio ao mellor libro por Todo es cuestión de química, publicado pola editorial Paidós. Amais, o mellor traballo en vídeo recaeu nunha reportaxe de La 2 de TVE sobre as Fragas do Eume, realizado por Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola.

O xurado tamén recoñeceu outras catro categorías. O Prismas ao mellor sitio web foi para Ciencia de sofá, de Jordi Pereyra Marí; o mellor texto inédito, realizado por Jorge Gutiérrez Bolívar, foi Hai unha muller no meu experimento! Unha viaxe coas grandes científicas da historia. Na categoría de mellor artigo xornalístico, gañou o traballo Como deseñar ADN no garaxe, publicado por Michele Catanzaro no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya. En radio, o Prismas foi para El café cuántico 6: sobre primates, ratos e feromonas, de Burjassot Radiorealizado por Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives.

Amais, outorgouse unha mención honorífica ao vídeo Mareas vermellas, de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

 

As bases da convocatoria poden consultarse en www.mc2coruna.org/prismas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.