Venres 29 Marzo 2024

“Xogo de Neuronas”, unha exposición sobre o cerebro na Domus

A Domus da Coruña ten en cartel “Xogo de Neuronas”, impulsada polos Museos Científicos Coruñeses. A mostra está dedicada á intelixencia humana, e explora a anatomía e o funcionamento do cerebro. O máis destacable da exposición é a colorida rede neural elaborada con neuronas creadas na súa maior parte por escolares galegos.

A exposición está composta con 13 módulos interactivos que percorren as oito intelixencias, descritas polo psicólogo e profesor da Universidade de Harvard Howard Gardner, e algúns aspectos da anatomía e a fisioloxía do cerebro. A intelixencia, segundo a definición clásica, é una característica innata e permanente. Gardner considera que se pode desenvolver e adaptar á contorna, igual que outras capacidades como a muscular. Asegura que o intelecto é a habilidade que utilizamos para resolver problemas, para elixir o camiño que mellor leva a un obxectivo ou para crear produtos importantes na contorna social.

Publicidade

A exposición conta cunha mostra de 709 neuronas. Foto: Museos Científicos Coruñeses.
A exposición conta cunha mostra de 709 neuronas.
Foto: Museos Científicos Coruñeses.

Howard Gardner defende que pode haber múltiples intelixencias. A lingüística e lóxico-matemática son as que, desde o mundo clásico, recibiron maior importancia. As seis restantes son a musical, a cinética, a espacial, a interpersoal, a intrapersonal e a naturalista. Gadner afirma que todos as temos e que todas teñen igual importancia para o éxito na vida. O punto diferenciador é o grao de desenvolvemento de cada unha e a súa combinación coas demais.

Ao longo da exposición propóñense actividades que poñen en práctica as diferentes habilidades das personas. Os visitantes poden tentar reproducir nun teclado unha melodía, clasificar unhas figuras terrestres –observando as súas diferenzas e similitudes-, facer un debuxo seguindo as instrucións verbais que lles dá outra persoa ou xogar cun aparello con pulsadores a diferentes alturas que se pulsar o máis rápido posible cando se acenden, entre outros.

Porén, o punto máis destacado e a rede neural elaborada por escolares galegos. Entre marzo e xuño de 2012 os Museos Científicos Coruñeses convocaron o programa de participación “Doa a túa neurona” para a construción de neuronas de forma artesanal. Expúxose como un exercicio de ciencia e creatividade, que servise ademais de homenaxe a Santiago Ramón e Cajal. Participaron 780 persoas, a maior parte escolares de toda Galicia, que construíron 709 neuronas. Con elas creouse esta rede neural que preside esta nova exposición producida polo Concello da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia