casa das cienicas

Un museo recoñecido por National Geographic

A prestixiosa revista National Geographic incluíu a Casa das Ciencias da cidade da Coruña na selecta lista dos museos de España que resultan imprescindible visitar; xa sexa pola súa arquitectura, a importancia artística do seu contido ou o valor histórico das coleccións. O museo coruñés lidera en solitario a representación galega e, xunto co Príncipe Felipe de Valencia e o Museo de Ciencias Naturais de Madrid, diferéncianse por ser os únicos especializados en divulgación científica. A maioría dos museos nacionais son pinacotecas.

A Casa das Ciencias enmárcase dentro dos Museos Científicos Coruñeses, aos que tamén pertencen a Casa dos Peixes, dedicada ao mundo mariño; e a Casa do Home, ao ser humano. Foi o primeiro museo interactivo dedicado á ciencia en España. Sitúase no Parque de Santa Margarita e nel atópase o planetario e varios edificios en cuxas salas se expoñen experimentos científicos onde se poñen a proba os sentidos dos visitantes. Baixo o lema de “Prohibido non tocar”, a idea é que se poida coñecer a ciencia desde dentro, experimentando moitos fenómenos que se reproducen nas súas salas como, por exemplo, poder observar como nacen os pitiños dunha galiña nunha incubadora.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.