A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (UDCC-UDC), organiza este sábado 16 na Domus UDCiencia 2017, unha xornada de obradoiros científicos e tecnolóxicos para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos e xogos, e que contará coas explicacións de profesorado, persoal investigador e alumnado de graos e mestrados da UDC.
A actividade, aberta ao público en xeral, celebrarase de 11 a 14 e de 16.30 a 19 horas nas instalacións da Domus. Para participar só é preciso adqurir a entrada ao museo. Haberá máis dunha decena de obradoiros e experimentos acompañados de pósteres e fotografías científicas elaborados por estudantes da propia universidade da Coruña.
UDCiencia 2017 conta coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses e a Deputación da Coruña.