gaston2

A alimentación do tiburón touro Gastón no Aquarium Finisterrae

O tiburón touro Gastón vive dende o 24 de maio de 2006 no oceanario do Nautilus do Aquarium Finisterrae. Mide tres metros de lonxitude e conta con 100 quilos de peso. Os visitantes que se acheguen as 11:30 da mañan os luns, mércores e vernes teñen a oportunidade de ver como se alimenta Gastón e os seus compañeiros de auga.

Provén do Oceanópolis de Brest, Francia, e tras tres meses na sala de corentena adaptándose á temperatura e a calidade da auga galega, trasladouse ao Nautilus, facéndolle compañía a Hermosa, o pequeno tiburón touro femia que vive alí dende hai anos.

O tiburón Gastón no Nautilus. Foto: La Voz de Galicia

O tiburón Gastón no Nautilus.
Foto: La Voz de Galicia

Aínda que provén de Francia, Gastón non é bretón, senón que é sudafricano. Naceu en 1996 fronte a Cidade do Cabo, na confluencia entre os océanos Atlántico e Índico. Aos tres anos foi capturado e trasladado a Oceanópolis ,onde viviu con outros exemplares da mesma especie. Co tempo, esta convivencia volveuse moi tensa e Gastón tivo que ser enviado a augas máis tranquilas, ao Aquarium de Finisterrae.

Os tiburóns touro (Carcharias taurus), son depredadores que se alimentan de peixes, cefalópodos e crustáceos. As femias paren as súas crías cando xa están formadas mentres que os pequenos tiburóns ás veces devoran aos seus propios irmáns cando aínda están no ventre materno.

Esta especie é a única que sae a superficie a tomar o aire, gardándoo no estómago para manter a súa flotabilidade e non afundirse ata o fondo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.