Venres 19 Abril 2024

A Domus celebra o Día da Muller na Ciencia cunha xornada de neurocientíficas

Co gallo da celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, que se conmemora este domingo 11 de febreiro, numerosas institucións científicas de Galicia veñen organizando actividades para defender as aportacións femininas, moitas veces ocultas, na historia da ciencia.

A Domus acollerá a I Xornada de Neurocientíficas, un acto organizado polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña e coordinado tamén polo Instituto e Investigación Biomédica da Coruña, a Sociedad Española de Neurociencia e os Museos Científicos Coruñeses. O acto comezará ás 19 horas, e contará coa participación de varias expertas en neurociencia.

Publicidade

Programa do Día da Muller na Ciencia:

Mónica Folgueira, profesora da UDC: “Avances e retos da neuroanatomía no século XXI”.

Rosa Señarís, catedrática de Fisioloxía da USC: “O teu cerebro, o teu metabolismo”.

María del Mar Castellanos, xefa do servizo de Neuroloxía do Chuac: “Muller, cerebro, ciencia e o meu gran de area”.

Mesa redonda: “As mulleres na ciencia”, moderada pola xornalista Fernanda Tabarés, e coa participación de Carme Adán, catedrática de Filosofía, Secretaria Xeral de Igualdade entre 2005 e 2009 e presidenta da Unidade Muller e Ciencia da Xuga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O fentanilo non é novo en Galicia: “O seu consumo vai ligado a outras drogas"

O CHUAC non observa unha repunta dos casos, aínda que se rexistran de maneira ocasional en persoas intoxicadas tamén por heroína e cocaína

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia

Un equipo do CHUAC extirpa por primeira vez un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

A paciente foi unha muller de 60 anos, que evoluciona de forma "moi satisfactoria" no seu domicilio