Imaxe do trailer de "Fogos".

Imaxe do trailer de "Fogos".

“Fogos” e “Mar de plástico”, os dous novos atractivos dos museos coruñeses para 2018

Os Museos Científicos Coruñeses comezan 2018 con novas propostas na súa programación. Así, este día 3 de xaneiro estreouse no planetario da Casa das Ciencias a película “Fogos“, un filme experimental sobre todo o que rodea á industria dos fogos de artificio. O traballo, codirixido por Marcos Pérez, director dos Museos Científicos Coruñeses, e Martin Pawley, crítico de cine, foi gravado durante as festas de San Xoán da Coruña, e está adaptado ao planetario, polo que ofrece unha interesante atmosfera inmersiva. Poderá verse gratis, coa entrada ao museo, de luns a venres, ás 17.30 horas, e sábados e domingos, ás 18.30 horas.

Por outra banda, no Aquarium Finisterrae está xa aberta a exposición “Mar de plástico“, na que se amosa o forte impacto da contaminación nos océanos do planeta. Gran parte do lixo producido polo ser humano acaba no mar, o que dana seriamente os ecosistemas acuáticos. A exposición está producida pola asociación Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro, e contén 85 obras artísticas realizadas con plásticos recuperados como lixo nas praias galegas.

“Mar de Plástico” enmárcase dentro do programa Obxectivo 14 do Aquarium, que engloba as actividades do museo destinadas a contribuír co cumprimento dos obxectivos da Axenda 2030 da ONU relacionados coa conservación dos océanos.

Por outra banda, os tres museos científicos da Coruña renovan o seu horario co comezo do ano. Así, durante xaneiro e febreiro de 2018, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium abrirán de luns a venres de 10 a 18 horas e os sábados, domingos e festivos, de 11 a 19 horas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.