Venres 29 Marzo 2024

A Domus prepara o Festival Biotecnolóxico, a súa gran cita do ano

Neste 2017, a Domus da Coruña forma parte da iniciativa World Biotech Tour, un proxecto internacional impulsado pola Fundación Biogen que ten por obxectivo divulgar temas relacionados coa biotecnoloxía en museos e centros de ciencia, debido á importancia desta rama da ciencia para resolver problemas en eidos como a saúde, os medicamentos, a agricultura ou a enerxía. Xunto ao museo coruñés participan este ano o museo Copernicus de Varsovia, o Heureka de Finlandia, o Museu dá Vida de Río de Janeiro e o Sci-Bono Discovery Centre de Johannesburgo.

Cada un destes centros selecciona a un grupo de estudantes de entre 14 e 18 anos para que desenvolvan un proxecto sobre biotecnoloxía. Durante o seu traballo, están sendo asesorados por mentores científicos relacionados co sector e que traballan na zona da Coruña. A cita do Domus, bautizada como Festival Biotecnolóxico, será os días 29 e 30 de setembro. Alí, os 13 mozos e mozas, denominados embaixadores, presentarán os seus traballos. Un deles será seleccionado para asistir ao Cumio Mundial de Centros de Ciencia, que se celebrará en Xapón no mes de novembro.

Publicidade

Os participantes galegos son Ana Areoso López, Silvia Bello Vieites, Rebeca Carreira Cotelo, Diego Dozo Domínguez, Rocío Fernández Bellón, Rodrigo Fernández Fernández, Nerea García López, Tanis Gemperle Ares, Gloria Guindos Bretones, Rebeca Pena Ríos, Andrea Vázquez Losada, Sergio Vilariño Porto e Noa Viñas Barciela.

Para avanzar nos seus proxectos contan coa axuda de recoñecidos expertos e profesionais como Javier Amestoy (Instituto Médico Arriaza & Asociados), Daniel Fernández (Qubiotech), David Freire Moar (HM Modelo), Alexandre de la Fuente González (Nasasbiotech-IDIS), Luis Mariñas Pardo (Centauri Biotech), Esther Rodríguez Belmonte e Jaime Rodríguez González (CICA), amais de por integrantes de Nanogap, Aqualgae e o Grupo de Medicina Xenómica da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebra o seu 30 aniversario

A entidade, que colabora cos Museos Científicos Coruñeses e o Muncyt, tamén organiza dúas conferencias sobre a relación entre música e ciencia