Xoves 28 Marzo 2024

Domus, Aquarium e Casa das Ciencias abren gratis no Día Internacional dos Museos

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, os tres Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada gratis este xoves 18 de maio desde as 11:00 ata as 19:00 (o Aquarium Finisterrae pecha o acceso ao público ás 18:00).

As persoas que se acheguen a calquera dos tres centros neste día poderán visitar as súas exposicións e participar nas actividades e proxeccións programadas, sen ningún custo.

Publicidade

O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo o 18 de maio desde que, en 1977, o Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM), propuxese esta actividade na súa XII Asemblea Xeral celebrada en Moscova.

O obxectivo do Día é achegar os museos á sociedade e o público en xeral, en resposta a un concepto de museo como institución cultural e histórica ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A resolución do ICOM diOs Museos son un importante instrumento para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o avance do mutuo entendemento, da cooperación e da paz entre os pobos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH