Leonor Ana Hernández será a encargada de impartir a charla deste sábado.

Leonor Ana Hernández será a encargada de impartir a charla deste sábado.

Como aprender a debuxar os astros, na Casa das Ciencias

O planetario da Casa das Ciencias da Coruña acolle este sábado 7 ás 19.30 horas unha charla sobre debuxo astronómico impartida por Leonor Ana Hernández, divulgadora científica especializada en astronomía.

A actividade, de acceso libre e gratuíto ata completar o aforo, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío e enmárcase dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Segundo explican desde Ío, “debuxar o que observamos é unha técnica moi útil para aprender a observar, e canto máis miramos máis detalles vemos, o que permite conservar o recordo do que vimos con rexistros moi persoais e únicos”.

Leonor Ana, interesada desde cativa pola astronomía, foi presidenta da Agrupación Astronómica Complutense (Alcalá de Henares) entre 1999 e 2006. Na actualidade a súa actividade astronómica desenvólvese principalmente no campo da divulgación na Fundación AstroHita e o seu observatorio. Publicou hai uns meses o libro “Dibujo astronómico“, editado pola editorial Marcombo, e colabora na revista “Astronomía“, Premio Prismas Especial do Xurado en 2016.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.