Paneis da exposición 'Mocidade, ciencia, futuro' na Domus da Coruña. Foto: mc2.

Paneis da exposición 'Mocidade, ciencia, futuro' na Domus da Coruña. Foto: mc2.

A ciencia, unha arma cargada de futuro

Nun momento de dificultades para a ciencia, con recortes, problemas administrativos e a crónica falta de medios que afectan aos investigadores, cómpre reflexionar sobre a importancia que a investigación ten para a sociedade. O traballo dos científicos non chegou a acadar en Galicia nin España a importancia social e económica que si se lle recoñece na maioría dos países da contorna. E ante isto, a necesidade de que as novas xeracións se marquen como obxectivo ser científicos é unha meta que deben perseguir nas sociedades avanzadas. Nesta liña xorde ‘Mocidade, ciencia, futuro’, a nova exposición que se pode ver xa na Domus da Coruña.

A mostra recolle os testemuños de investigadores mozos e outros cunha traxectoria longa e consolidada

A mostra aborda 20 temas, que analizan desde diferentes perspectivas a importancia dos científicos e científicas para o conxunto da cidadanía. Contou coa colaboración de  de mozos e mozas dedicados á investigación e vinculados á Coruña, que contan as súas experiencias profesionais. E tamén se recollen os relatos de expertos consolidados, como Marisol Soengas, Sonia Villapol ou Xosé R. Bustelo.

O escenario da exposición está formado por sete prismas de base triangular nas que se presentan os temas Ciencia no exilio, Un traballo para vivir, O éxito non ten idade, Unha perspectiva histórica, O empuxe da ciencia, Vocacións en crises, Toda a ciencia é útil, Do laboratorio á industria, A ciencia interesa, Ciencia para todas ou Educar para o futuro, entre outros. Aos textos descriptivos acompañan imaxes, gráficos, e algunhas viñetas humorísticas, realizadas polo debuxante Santy Gutiérrez.

Entre outros obxectivos, segundo sinalan desde os Museos Científicos Coruñeses, a mostra buscar poñer de manifesto a necesidade fomentar o interese durante a infancia, crear vocacións na adolescencia, formar á mocidade e proporcionar recursos ás persoas que investigan para que poidan desenvolver a súa carreira profesional. Pero tamén é necesario difundir entre a poboación o coñecemento da ciencia e a tecnoloxía, para entender a necesidade de investir na súa promoción si queremos resolver con éxito os retos que afronta a humanidade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.