Xoves 28 Marzo 2024

Unha reportaxe sobre o ‘caso Nadia’, premio José Carlos Cobo de xornalismo

A xornalista de Hipertextual Ángela Bernardo é a gañadora do II premio José Carlos Cobo de xornalismo e pensamento crítico grazas a unha reportaxe sobre o caso Nadia, a nena afectada supostamente por unha enfermedade letal e incurable cuxos pais se lucraron coa situación. Os pais de Nadia, despois de seren entrevistados por numerosos medios de comunicación, facendo unha gran campaña de captación de axuda económica, acabaron sendo arrestados grazas ás revelacións xornalísticas que desmontaron o fraude, como foi o caso da reportaxe de Ángela Bernardo.

O premio, o único de España que fomenta o escepticismo en prensa, está dotado con 300 euros, e será entregado o vindeiro 20 de decembro na Domus da Coruña, no marco da última xornada do ciclo de conferencias que o Círculo Escéptico organiza nos Museos Científicos Coruñeses. No xurado participaron Eduardo Rolland, xornalista e cofundador de GCiencia, Sergio Ferrer (Axencia Sinc), Kristin Suleng (El País), Nieves Salinas e o investigador César González Pérez. O premio rende homenaxe a José Carlos Pérez Cobo, biólogo, divulgador e profesor da universidade do País Vasco falecido en outubro de 2015.

Publicidade

Aquí podes ler a reportaxe gañadora: El “cuento chino” de Nadia Nerea, una niña enferma estafada en busca de una cura

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH