Xoves 18 Abril 2024

A Casa das Ciencias amosa os anuncios das viaxes espaciais do futuro

Inspirándose na estética das orixes da aviación comercial, a NASA e o Jet Propulsion Laboratory encargaron a un grupo de deseñadores unha serie de carteis que amosasen como serían as viaxes espaciais no futuro. Do mesmo xeito que hoxe se anuncian viaxes a praias paradisíacas, monumentos emblemáticos ou espazos naturais cautivadores, estas imaxes anticipan futuras expedicións a Titán, Ceres, Marte, Xúpiter, ou Encélado.

Todos eles, un total de 14 carteis deseñados por nove artistas, poden verse na planta baixa da Casa das Ciencias da Coruña. O museo acaba de comezar co seu novo horario, despois dos meses de verán. Agora está aberto de luns a venres de 10 a 19 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11 a 19.

Publicidade

Aquí podes ver unha galería cos carteis da exposición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar