Múltiples especies mariñas conviven no Aquarium Finisterrae.

Múltiples especies mariñas conviven no Aquarium Finisterrae.

Todo o mar de Galicia reunido na Casa dos Peixes

Á beira do océano Atlántico, na Coruña, vive o mar e a súa cultura: os mariñeiros, os mercados, as cantigas… todo nun único espazo, o Aquarium Finisterrae, un lugar onde descrubir toda a costa galega. A Casa dos Peixes é un centro interactivo de divulgación científica sobre a bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral.

Familia de focas no Piscinarium Foto: mc2 Coruña

Familia de focas no Piscinarium
Foto: mc2 Coruña

O obxectivo principal é promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas de cariño cara o medio mariño, combinado coa contribución ao saber científico da vida mariña.

A Casa dos Peixes viu a luz o 5 de xuño de 1999. A súa ubicación é única, no paseo marítimo de A Coruña, entre a Casa do Home e a Torre de Hércules. As súas piscinas exteriores conectan co Atlántico cun sistema que as fai sensibles ás mareas.

O Aquarium componse de sete salas adicadas ao mar. A sala maremagnum conta con exposicións interactivas para coñecer todo sobre o Océano Atlántico, con máis de 600 especies. Os seus 60 módulos responden ás preguntas que sempre quixemos saber sobre o mar. Tocar, escoitar, cheirar… admirar o mar e as súas criaturas. A sala Humboldt contén exposicións sobre outros mares, a Nautilius está decorada ao estilo do Gabinete do Capitán Nemo, no submariño que lle da nome á sala, e é unha observación inmersa nunca piscina de 4,4 millóns de litro, a máis grande de Europa, onde nadan 50 especies diferentes do Atlántico. A Octopu’s Garden dedica o seu espazo aos polbos, o Xardín Botánico contén as especies máis representativas do litoral galego, o Piscinarium é o fogar para dúas familias de focas atlánticas, e a sala Isabel Castelo conta cunha exposición permanente de fotografías da natureza.

Alén das súas piscinas e acuarios, contén elementos museísticos que propoñen experiencias únicas, desde tocar a superficie das estrelas de mar ou de rodaballos, ata saber onde viven os langostinos. Adica unha colección biolóxica orientada á divulgación para investigadores e persoal adscrito a institucións con convenios de colaboración, composta por 19.647 exemplares de 271 especies.

As estrelas de mar na Casa dos Peixes Foto: mc2 Coruña

As estrelas de mar na Casa dos Peixes
Foto: mc2 Coruña

Horario e prezos

De xaneiro a abril: luns a venres de 10:00 a 18:00 horas; Sábados, Domingos, Festivos e Semana Santa de 11:00 a 20:00 horas
Maio e xuño: luns a venres de 10:00 a 19:00 horas; Sábados, Domingos e Festivos de 11:00 a 20:00 horas.
Xullo e agosto: luns a domingo de 10:00 a 21:00 horas
De setembro a decembro: luns a venres de 10:00 a 19:00 horas; Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 20:00 horas
*O acceso pecha 1 hora antes

Prezo: 10 euros (público xeral) 4 euros para menores de 14 anos, maiores de 65, Cané Xove, desempregados e familias numerosas

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.