Xoves 28 Marzo 2024

O Aquarium Finisterrae xa é maior de idade

O 5 de xuño de 1799, hai agora 218 anos, o explorador alemán Alexander von Humboldt comezaba no porto da Coruña unha colosal aventura científica que o levaría a percorrer Sudamérica. Navegou o Orinoco e o Amazonas e subiu ao volcán Chimborazo, entre outras xestas, ademais de realizar grandes descubrimentos no eido da oceanografía, o magnetismo terrestre, a flora e a fauna. Para celebrar o bicentenario daquela efeméride, en 1999 abría as súas portas na Coruña o Aquarium Finisterrae, a Casa dos Peixes. Coa apertura deste museo, A Coruña tiña por fin un museo dedicado á divulgación do medio mariño, tan importante para a súa historia.

Situado a carón da Torre de Hércules, o acuario coruñés conta con varias estancias que permiten mergullarse na vida mariña. Unha das súas principais atraccións é a sala Nautilus, inspirada no submarino do capitán Nemo de Julio Verme. As paredes da sala son un enorme vidro a través do que se ven peixes de 50 especies. No Aquarium Finisterrae tamén é posible ver en directo algúns mamíferos mariños, como as focas, ou coñecer moitas curiosidades do mar na sala Maremagnum, a estancia principal, de máis de 1.600 metros cadrados, ocupada por uns 80 módulos interactivos.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH